Últimas Novas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23.

19/05/2022 20:29
Europe/Madrid

Prazo de presentación de solicitudes: Do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (previa cita) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non será recollida ningunha solicitude presentada presencialmente sen cita previa

CITA PPREVIA NO TLF: 881880949

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2023-2024

17/05/2023 16:54
Europe/Madrid

TODAS AS  SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

CONCRECIÓN CURRICULAR DO IES O MOSTEIRÓN, 2021/22

22/04/2022 12:22
Europe/Madrid

Concreción curricular do centro, aprobada de acordo coa normativa vixente, en consonacia coa ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, aprobada polo claustro do profesorado o 16 de marzo de 2022 e informado o consello escolar o 20 de abril de 2022. 

Trátase dos criterios de promoción, titulación e obtención de matrícula de honra para a ESO.

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023

01/04/2022 13:16
Europe/Madrid

TODAS AS  SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición no ámbito educativo.

01/04/2022 13:42
Europe/Madrid

A Xunta acaba de publicar a nova estratexia e control da SARS-COV-2 na etapa de transición en Galicia. Toda a información no Anexo que se adxunta. 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación:Recomendación uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

20/03/2022 20:52
Europe/Madrid

O submité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola Covid-19, vén de acordar na súa xuntanza , deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. 

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023

25/02/2022 12:09
Europe/Madrid

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023

A solicitude será única e poderase presentar:

  • preferentemente de forma electrónica

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • de xeito presencial na secretaría do IES

SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivo adxunto)

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

Do 1 ao 21 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:00h e con cita previa)

Do 1 ao 21 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23

23/02/2022 13:36
Europe/Madrid

O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.

Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.

¿Quere coñecer o noso centro?

16/02/2022
Europe/Madrid

O próximo 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión para alumnado de centros non adscritos.

QUERES COÑECER O NOSO CENTRO????

 

Podes visitalo entre o 21 de febreiro e o 21de marzo

Solicitude de cita previa a través do noso teléfono ou do noso correo electrónico:

 

881880949

ies.mosteiron@edu.xunta.gal

Distribuir contido