CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DO IES O MOSTEIRÓN

 

      

CONVÓCASE ÁS NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DO IES O MOSTEIRÓN A UNHA REUNIÓN  O VINDEIRO LUNS 20 DE OUTUBRO ÁS 17:15 H NA SALA DE AUDIOVISUAIS.

 

PROGRAMACIÓN PREVISTA:

Sala de audiovisuais (2ª Planta, de 17:15 a 17:45)  Información dos membros do Equipo Directivo en relación a: normas de funcionamento do centro, presentación dos titores/as etc.

 

Aula-grupo (1ª Planta de 17:45 a 18:30 h)  Información dos TITORES: horario do grupo, hora de atención a nais/pais, etc.

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO Curso 14-15

O vindeiro  luns 15 de setembro ás 12:30 h terá lugar no centro educativo a presentación do alumnado. O profesor-titor de cada grupo informará na aula correspondente ao alumnado de: horario, profesorado que imparte as distintas materias e instrucións relativas ao funcionamento do comedor escolar.

TRANSPORTE

O transporte escolar o día da presentación realizará o seu percorrido habitual partindo de Sada ás 12:00 h, e de Oleiros e O Burgo ás 11:30 h. A saída do transporte dende o centro realizarase ás 13:45 h.

COMEDOR

O día da presentación non haberá servizo de comedor escolar.

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 14-15 "CONCELLO DE SADA"

CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DE MENORES DO CONCELLO DE SADA PARA O CURSO 2014-2015

Dende a administración local  municipal de Sada, infórmase de dita convocatoria, para máis información, podes acceder a páxina web do concello

 

COMEDOR ESCOLAR 13-14

 NORMATIVA DO SERVIZO DE COMEDOR NO CURSO 13-14

- INSTRUCIÓNS 1/2013 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, DO 14 DE XUÑO, SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2013-14.

- DECRETO 132/2013, DO 1 DE AGOSTO, POLO QUE SE REGULAN OS COMEDORES ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERIA CON COMPETENCIAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN. 

(ver  arquivos adxuntos)

 

CALCULADORA SIMULACIÓN TAXAS COMEDOR

AOS EFECTOS DE FALICITAR O CÁLCULO DAS TARIFAS POLO USO DO SERVIZO DE COMEDOR ACHÉGASE ENLACE Á CALCULADORA A TRAVÉS DA PÁXINA DA CONSELLERÍA.

                                               ENLACE Á CALCULADORA

ROTEIRO ROSALIANO 2013

Un curso máis o alumnado de 3º de ESO  realizou o  roteiro rosaliano; unha actividade xa instituída que o departamento de Lingua galega organiza cada ano con grande satisfacción. O percorrido complementa a programación da materia e  consiste na realización dun itinerario que segue parte da vida de Rosalía de Castro por terras de Santiago e de Padrón . Nesta ocasión iniciamos o camiño  casa-museo da Matanza en Padrón e rematamos en Santiago no Museo do pobo galego e no Panteón de galegos ilustres. Que ben o pasamos e  canto aprendemos!

ROTEIRO ROSALIANO 2013

LA CELESTINA

05/04/2013 16:56
Etc/GMT+1

 

Hoxe, os grupos de terceiro de ESO asistimos ao teatro Rosalía de Castro para ver a representación da obra La Celestina, de Fernando de Rojas, en versión e adaptación de Ricardo Iniesta.
A función presenta durante todo o espectáculo os actores en escena, encarnando os personaxes ou creando un ambiente escénico e sonoro. Destaca a riqueza dos coros que transportan o espectador ao submundo daquela época, pero que podería ser dos nosos días. A obsesión polos cartos e o egoísmo resultan tremendamente actuais. Neste texto, que non está escrito en verso, pero que contén tanto ritmo, danse cita tamén o humor, o erotismo e os conflitos de clases.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON JOSÉ CARUNCHO

 

 

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Temos o luxo de contar no noso Instituto co fotógrafo coruñés José Caruncho para realizar un obradoiro de fotografía análoxica en branco e negro. Unha fermosa experiencia sen dúbida para adentrarnos nas posibilidades da fotografía dende a concepción ata a ampliación e reprodución en papel fotográfico. Realizarase cos alumnos de informática de 4º da ESO ao longo de 4 sesións, rematando no mes de xuño. O vindeiro venres 8 de marzo dará comenzo en horario de 11.20 h ata as 14.10 h . Os alumnos xa realizaron unha primeira incursión na súa obra e plasmárona na presentación que figura abaixo, para que toda a comunidade educativa e sobre todo os que non coñecen a Caruncho, poidan facerse unha idea do seu labor fotográfico, vinculado maioritariamente a Galicia.

Ademais deste obradoiro para 4º da ESO, está proxectado facer unha práctica para os alumnos de, os cales, xa realizaron unha unidade temática dedicada á fotográfica, na materia de Educación Plástica e Visual. Nesa práctica o alumnado poderá coñecer e traballar coa cámara de placas que traerá o propio fotógrafo.

Por último queremos agradecer ao CGAI o apoio para poder levar a cabo estas actividades no noso Centro e en todos aqueles nos que se está desenvolvendo "Fotografía en curso", e que supón abrirnos a outras posibilidades de ensinar e de aprender moi cercanas ao feito cultural que nos rodea.

 

Departamento de Educación Plástica e Visual

 


 

 Podedes ver a presentación de J. Caruncho no seguinte arquivo adxunto


 

 

 

 

 

 

 


Entroido 2013

 

 

 

  Xa tedes aquí o vídeo do Entroido 2013.

 

LUIS SEOANE NO IES O MOSTEIRÓN

ATA O VINDEIRO XOVES 7 DE FEBREIRO PERMANECERÁ ABERTA NA CAFETARÍA E 1ª PLANTA DO IES O MOSTEIRÓN A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE LUIS SEOANE. CONVIDAMOS A TÓDOLOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A VISITALA EN HORARIO DE 8:30 a 14:10 h. A EXPOSICIÓN INCLÚE PANEIS INFORMATIVOS SOBRE A FIGURA DO POLIFACÉTICO AUTOR, OBRAS PICTÓRICAS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS QUE AXUDAN A COMPRENDER A SÚA OBRA.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E ROUPA

O IES O MOSTEIRÓN COLABORARÁ CON CÁRITAS E A ONG GLOBAL HUMANITARIA NUNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS E ROUPA E CALZADO USADO. O ALUMNADO PODE DEIXAR OS ALIMENTOS E A ROUPA NA CONSERXERÍA DO IES O MOSTEIRÓN. A ROUPA E CALZADO RECOLLERASE ENTRE OS DÍAS 5 E 12 DE DECEMBRO. OS ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PODEN ENTREGARSE DENDE O 5 ATA O 19 DE DECEMBRO.

Distribuir contido