Skip to Content
 

blogue dexosecarlosalvarez

Boletíns de 3º ESO

Os criterios de Avaliación para a Materia de Física e Química de 3º ESO serán os seguintes:

Os/as alumnos/as que teñades as dúas primeiras avaliacións aprobadas levaredes como nota final a media desas dúas avaliacións. Isto será así, sempre que entreguedes os traballos que vos vaia pedindo.

Se alguén quere subir esa nota, poderá facer un vídeo individual relacionado coa Materia. O antedito vídeo deberá ter un mínimo de calidade nas súas explicacións, e poderá incluír varios experimentos. O prazo de entrega será, como máximo, até o día 30 de maio.

Os/as alumnos/as que teñan algunha Avaliación suspensa deberán entregarme realizados, os boletíns que colocarei na páxina web do Centro. As datas de entrega terán, como tope máximo, os seguintes días :

1ª Avaliación: Maio

Boletín 1 – Martes 12

Boletín 2 – Martes 19

Boletín 3 – Martes 26

2ª Avaliación: Xuño

Boletín 4 – Martes 2

Boletín 5 – Martes 9

Un saúdo

3º ESO. Final de Tema 6

Lede as páxinas 158, 159, 160 e 161.

Estudiade o concepto de aceleración.

Despois estudiades o movemento rectilineo uniformemente acelerado (MRUA). E o vertical.

Centrádevos nas ecuacións do movemento ( as dúas do final da páxina 159) no criterio de signos( na mesma páxina) e nas gráficas.

Para axudar a entender as gráficas mirade este video.

https://www.youtube.com/watch?v=8JAX5JxEybY&list=PL9ziFjhYuYsfYvjG4tWIMqmmF9Cf9IOuP&index=3

Para practicar facedes os exercicios:14, 15, 16, 42, 43, 44, 46 e 47.

Tedes que ser coidadosos facendo as gráficas. É moi importante e non as estades facendo ben.

Preguntade as dúbidas que teñades.

3ºESO. Continuación do Tema 6

Lede as páxinas 154,155,156 e 157.

Estudiade os conceptos de velocidade, velocidade media e velocidade instantanea.

Despois estudiades un tipo de movemento moi importante: O movemento rectilineo uniforme (MRU).

Centrádevos na ecuación do movemento e nas gráficas. Para axudar a entendelas mirade este video.

https://www.youtube.com/watch?v=7UPkgyMdahY

Para practicar facedes os exercicios:7, 10, 11,12, 37 e 38.

Tedes que ser coidadosos facendo as gráficas. É moi importante.

25-03-2020 3ª ESO TEMA 6

Imos empezar co libro de Física.

Empezamos o Tema 6 - El Movimiento

Lede  o tema, e despois para axudar a aclarar conceptos tedes este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=dbyzufv6PQY

Despois intentade facer os exercicios: 1, 2, 3, 4, 5 e 6 das páxinas 151, 152 e 153.

Comentade as dúbidas entre vos e as que non podades resolver, enviádemas por correo.

Enviade tamén os exercicios resoltos.

3º ESO Boletíns de repaso.

Para os alumnos de 3º ESO. Envio boletíns de repaso. A próxima semana empezamos o tema seguinte.

Distribuir contido


by Dr. Radut