Skip to Content
 

blogue depaula

Instrucións para o seguemento das clases durante a corentena por COVID - 19

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (3º ESO e 4º ESO)

Todos os alumnos/as están en contacto coa profesora a través de Google Classroom, plataforma empregada de xeito habitual para intercambio de material da materia (presentacións de clase, vídeos...)

Tras comprobar na clase presencial do pasado xoves que todos os alumnos/as estaban inscritos no grupo, a profesora desenvolverá nesta plataforma as actividades e tarefas para estes días (xa hai instrucións específicas subidas ao Google Classroom). As sesións de aulas virtuais e asignacións de tarefas programaranse do seguinte xeito:

  • 3º ESO: sesións os martes e xoves ás 10:00
  • 4º ESO: sesións os luns, mércores e venres ás 10:00

ÁMBITO CIENTÍFICO E MATEMÁTICO (3º ESO)

Os alumnos/as que aínda non están no grupo de Google Classroom desta materia, deberán enviar á profesora un correo electrónico solicitando ser incluidos no mesmo (teñen ata mañá 17/03/2020 ás 14:00).

No caso que houbese algún alumno/a que non contactase coa profesora, ésta intentará contactar coa familia para poder incluilo no grupo; en último caso, remitiráselle o traballo a facer durante a próxima quincena ao correo electrónico da familia que consta na base de datos da Consellería de Educación.

A TODOS OS ALUMNOS/AS E FAMILIAS, para contactar coa profesora poderán escribir a:

paula.bioloxia.xeoloxia@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut