Saltar navegación

SEGURIDADE E SAÚDE NO TALLER

Aprende

O taller de tecnoloxía é un espazo onde se empregan continuamente materiais, ferramentas e máquinas, polo que compre manter unhas normas de seguridade e saúde para evitar danos e accidentes. Tamén debe ser así durante a fabricación da MarumaSat, polo que debes ter en conta as seguintes recomendacións:

  • empregar a ferramenta adecuada en cada operación e aprender a usala antes de comezar a traballar con ela.
  • empregar sempre os EPI (equipos de protección individual) adecuados a cada ferramenta: guantes, gafas, etc... xa que evitan lesións.
  • respectar a sinalización do taller, no que podes atopar tres tipos de sinais:
De prohibición (circulares, borde vermello e fondo branco)  De perigo (triangulares, borde negro e fondo amarelo) De obriga (redondas, cor azul)
DIN 4844-2 D-P002. Torsten Henning. Wikimedia Commons. CC0 1.0 Industrial Safety Electric Danger. DavidRock. Pixabay. CC0 1.0 Protective gloves. Clker. Pixabay. CC0 1.0