Saltar navegación

CIENCIA DOS MATERIAIS

Á hora de deseñar as sondas MarumaSat debemos ter en conta unha serie de requisitos:

  • non poden pesar máis de 2 kg, pero canto menor sexa a súa masa máis pequeno será o globo que teñamos que empregar e polo tanto tamén menor a cantidade de helio necesario para inchalo.
  • no seu interior viaxan instrumentos electrónicos que poden verse afectados polas baixas temperaturas na troposfera e na estratosfera (até -60ºC);
  • e aínda que o descenso desde a altura máxima está freado por un paracaídas, na aterraxe, o impacto contra o chan segue a ser forte, polo que debe resistir sen romper.

Estas tres cuestións condicionan a elección dos materiais que empregaremos para a súa fabricación. Entón, entre que tipos de materiais podemos elixir?

Aprende

A ciencia de materiais é un campo científico de carácter multidisciplinar que investiga a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais. A enxeñería de materiais fundaméntase nela e considera material a calquera substancia, elemento ou composto químico que presente algunha propiedade útil.

Tradución de Materials science tetrahedron. Dhatfield. Wikipedia. Dominio Público.