Saltar navegación

PARA QUE SERVE A TECNOLOXÍA?

Moitas veces escoitamos dicir que a tecnoloxía inflúe e condiciona a vida das persoas. Tamén somos conscientes da importancia da tecnoloxía no proxecto NOSA-MarumaSat, que non só é debida a que o deseño e a fabricación da cápsula, a conexión dos dispositivos de comunicación ou a programación dos sensores se fagan nunha materia que recibe este nome. Entón, sabes que é tecnoloxía ou para que serve a tecnoloxía?

Aprende

O termo tecnoloxía relaciónase normalmente con máquinas moi complexas. Deste xeito, cando escoitamos falar de tecnoloxía pensamos, por exemplo, en satélites, ordenadores ou teléfonos intelixentes. Pero reducir a tecnoloxía só aos aos novos inventos é un erro: os obxectos máis sinxelos que poidas imaxinar tamén foron creados pola tecnoloxía. Así podemos considerar que:

  • a tecnoloxía intervén en todos os obxectos ou sistemas creados para facilitar a vida das persoas, resolvendo problemas ou necesidades asociadas á súa existencia.

  • a tecnoloxía existe desde que o ser humano, xa na Prehistoria, tivo que empregar técnicas rudimentarias para fabricar obxectos que lle permitisen subsistir nun medio natural hostil.

  • algúns dos obxectos creados pola tecnoloxía hai miles de anos chegan até os nosos días con melloras significativas, pero coa mesma utilidade.


Globo cautivo: MarumaSat II. NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-SA-NC 4.0