Punto Laranxa contra o acoso escolar

PINTADO DOS MUROS DO INSTITUTO

Os alumnos do instituto xunto cos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e coas axudas da Fundación Voz Natura, Paideia, Arquitectos Sen Fronteiras, Concello, Asociación Vecinal de Monte Alto, Universidade da Coruña, Asociación Cultural Zalaeta e a Consellería de Educación, promoveron cos alumnos un lavado de cara. A temática é sobre Isabel Zendal e a súa misión filantrópica da vacuna da varíola. 

A Voz de Galicia.

HORTO EN PRIMAVERA

Esta semana os alumnos de 1º ESO co seu profesor de bioloxía David estiveron traballando no horto con plantas aromáticas, medicinais, culinarias e ornamentais

Colocouse un composteiro que se utilizará na semana da froita.

V Gala ALABAILA

O venres 5 de Abril celebróuse no salón de actos a V Gala ALABAILA, os 8 grupos tanto de 1º como de 2º ESO, estrearon as pezas que fixeron no proceso creativo grupal de aula. Esta edición a UDI foi: "Imos pasalo de cine", cada clase elexíu unha película, buscaron material para traballar guión, escenas... e gañou "Titanic" aínda que o xurado o tivo realmente  dificil co nivel escénico acadado en cada unha desas historias que contaron falando co corpo.

Para ver os vídeos das actuacións ou saber máis do proceso: http://www.movendocu.blogspot.com.es

Intercambio con Hamburgo

O pasado 2 de abril voltamos da nosa viaxe á Hamburgo. Na semana que estivemos alí realizamos varias visitas pola cidade (Museo da Speicherstadt, Elbphilharmonie, Elbtunnel, Sankt Michael, Sankt Nikolai etc.). O alumnado asistiu a varias clases e a eventos, coma o Concerto de primavera, que celebran cada ano no "Gymnasium Meiendorf", o Centro colaborador. Ademais de Hamburgo tivemos ocasión de visitar a preciosa cidade de Lübeck. Foi unha semana moi intensa, na que o noso grupiño de 4ºA conviviu co alumnado do instituto alemán e as familias.

A segunda parte do intercambio terá lugar entre o 4 e o 11 de maio, coa visita das alumnas alemás e a profesora acompañante.

 

 

Obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Dentro das actividades programadas polo Club de Ciencia e Tecnoloxía estamos a participar nos obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Participamos con grupos de alumnado de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos obradoiros STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) organizados pola Dra Paola Guimeráns, experta en Arte e Tecnoloxía (@paolaguimerans) na Fundación Barrié de A Coruña.

Aprendemos sobre técnicas de debuxo, importancia dos debuxos no pasado e a como agora podemos aplicar as novas tecnoloxías para ao noso arte.

Máis información na web de Zalatecno https://sites.google.com/view/cienciaetecnozalaeta/obradoiros/trazos-steam

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer