Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

Noite Bohemia no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo


O día 15 de marzo o grupo de teatro Noite Bohemia representou Electra no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. Este festival está organizado por SEEC Galicia.

A TVG realizou unha entrevista ao director da compañía, Javier Fernández Mariño e gravou algúns momentos da actuación.

 


Visita a empresas de Arteixo


Edificio La Voz de Galicia

 

Os alumnos de 3º de ESO desenvolveron unha clase fora da aula mentras traballaban o tema da Industria. No mes de marzo visitaron as instalacións da empresa de carpinteiría de aluminio, Alumán como un exemplo de actividade do sector secundario e La Voz de Galicia, como un exemplo do sector terciario.

 


Visita a Santiago de Compostela


 

 

Os alumnos de Historia da Arte, pasaron un día en Santiago de Compostela, xunto cos alumnos italianos do intercambio Comenius, disfrutando da cidade e da arte románica e barroca, principalmente.

 

 


Razóns para darlle vidilla ao FÚTBOL....

VAIA EQUIPAZO TEMOS!

Xente moi diversa pero moi ben conxuntada; tanto no aspecto humano como no deportivo.

O staff técnico estamos encantad@s co comportamento e a vosa entrega no campo.

ÁNIMO E A SEGUIR LOITANDO!


Chegou a primavera...Semana grande da ESGRIMA

En Zaleta ofertamos para toda a comunidade educativa unha actividade extraescolar enormemente interdisciplinaria ou integradora de todos os saberes e competencias: 

ESGRIMA DEPORTIVA, HISTÓRICA E ESCÉNICA en Zalaeta.

Queremos que veñades probar de que vai isto...


Aquí podedes ver un pequeno video do rico recreo con recreación histórica


 Cunha pincelada da charla de Ton Puey; o profesor de esgrima histórica en Zalaeta, cos seus axudantes Jorge e Manuel, que escenificaban as explicacións. Eles son membros activos da AGEA (Asociación Galega de Esgrima Antigua)

http://agea.110mb.com/?AGEA/Membros


Dime con quen BAILAS...?

Algúns que non gozaban bailando...foron quen de crear un baile en grupo e sentirse satisfeit@s; co sentimento gratificante de responsabilidade asumida e de reto superado.

"SOAMENTE CANDO APRENDAMOS A AMAR O QUE SOMOS APRECIAREMOS O QUE FACEMOS"

Aprender a bailar é algo físico, pero tamén ten un compoñente afectivo e social. Para bailar hai que ser bos compañeir@s, creativos, tedes que axudarvos, sendo amables, xenerosos, aceptando as suxestións dos demais, creando un clima de confianza, sorrirvos; un sorriso pode ser un reforzo positivo altamente estimulante. O baile é unha maneira de botar para fora complexos, de formarvos unha boa autoimaxe. A seguir bailando e superándovos!

Esoo 1º!

Esoo 1 y 2º!

                  Esoo 4º!                        

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer