Skip to Content

PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID DO IES DE MEAÑO

BO DÍA A TOD@S:

É certo que estamos a vivir unha situación de Pandemia mundial que está a provocar situacións dramáticas  que ningúen quixera vivir  e a mudar o noso xeito de vida e iso non algo doado de asumir.
Dende a comunidade educativa do IES de Meaño levamos tempo traballando, e seguiremos facendoo, para conseguir dous obxectivos fundamentais:
  1. Concienciar a toda a comunidade educativa da necesidade da colaboración de todos para  facer do IES de Meaño un entorno o máis seguro posible(a seguridade ao 100% non existe) para frear a transmisión do virus Covid19.
  2. Acadar que o noso alumnado poida continuar nas mellores condicións pedagóxicas posibles o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Froito deste traballo achegamos hoxe a comunidade educativa o:
 
 
 
 
Trátase dun documento aberto, que poderá sufrir modificacións, xa que por unha banda,  quedan aspectos por determinar dado que a administración educativa todavía non nos trasladou toda a información necesaria para poder concretar máis o documento, e por outra banda o feito de darlle publicidade a este borrador ten por obxecto que a comunidade educativa(profesorado, alumnado, familias, persoal non docente, etc.) poida facer, se o considera oportuno, aportacións ao documento que será analizadas polo Equipo Covid do centro e en caso de consideralas oportunas integradas ao documento.
 
As vosas aportacións facédeas chegar ao correo do centro :     ies.meanho@edu.xunta.es
 
 
Tamén achegamos o Plan de Continxencia"
 
Nos vindeiros días iremos ampliando a información de cara ao inicio do curso, e concretando o Plan de adaptación e os seus anexos.
 
Un saúdo e moito ánimo
 
A Dirección e o Equipo Covid.

Axudas do concello de Meaño para Material escolar para alumnado de secundaria

O concello de Meaño publicou unhas axudas para Mateerial Escolar para o alumnado.

Aquí Poden consultar as bases 

E Aqui un Extracto das mesmas

O prazo de presentación remata o 24 de setembro

 

A Dirección

INFORMACION IMPORTANTE SETEMBRO 2020

Achégase información importante de cara ao desenvolvemento das probas extraordinarias de Setembro (os horarios de entrega do boletin de notas cambiaron), e algunhas consideracións de cara ao inicio de curso.

Iremos achegando máis información de cara ao inicio de curso nos vindeiros días, sempre a través da web e de Abalar Móbil.

 

INFORMACIÓN SETEMBRO 2020

 

Un saúdo

 

A Dirección

Fondo de Libros: Listaxes Provisionais Curso 2020/21

 FONDO LIBROS 2020_21 - LISTAXE PROVISIONAL

 A liistaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web  Fondolibros

De acordo coa normativa, dispoñénse de dous días para facer alegacións ós datos publicados.

Aclaracións:

  1. Na listaxe poderán ver o número de libros que o centro lle vai asignar en Setembro, pero non as materias dos libros que se lle van a asignar, polo que de momento NON deben mercar ningún libro, si é que aparecen na listaxe provisional de Admitidos.
  2. Ata mediados  de Setembro non sairán as listaxes definitivas, co número de libros asignados e as materias dos libros.
  3. O alumnado que aparece como "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros", é porque todavía non devolveu todos os libros xa que  ten materias para setembro ou porque todavía non realizou o proceso  de matrícula para o vindeiro curso.
  4. O alumnado que aparece na listaxe como "Pendente das existencias de setembro", é alumnado o que non lle corresponden Libros do fondo de libros, pero que se  en setembro sobrasen exemplares no centro, a aplicación informática que xestiona o Fondo de Libros, lle podería asignar algún libro a este alumnado. Pero de novo isto non o saberemos ata que saian as listaxes definitivas
  5. Dado que  alumnado de 1º ESO  e 2º ESO  participa no proxecto de educación dixital da consellería (E-Dixgal) polo  que  están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto, o entender a consellería que xa se lle asignan os libros dixitais. De todos xeitos, dende o centro,repartiremos as existencias do fonfo de libros do centro, ata esgotar existencias, entre o alumanado, mediante sorteo tal e como se aprobou no Consello Escolar.
  6. OS VALES PARA  AXUDAS DE MATERIAL SERÁN ENTREGADOS EN SETEMBRO UNHA VEZ XERADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

 

RECOMENDACIÓN: DE MOMENTO NON MERCAR NINGÚN LIBRO ATA SETEMBRO

Un saúdo

A Dirección

Libros de Texto para o curso 2020 / 2021

Achegamos a listaxe dos libros de texto para o curso 2020-2021

IMPORTANTE: É conveniente Non  mercar ningún libro de texto ata o comezo de curso, xa que ata setembro non saen as listas definitivas do fondo libros.

Un saúdo. Equipo directivo.

HORARIO EXAMES SETEMBRO E DATAS IMPORTANTES Curso 2020/21

 Horario dos exames de setembrodatas importantes  e horario de verán do instituto: 

Calendario de setembro Curso 2020/21

 Un saúdo.

A Dirección

Calendario de matricula e Información Fin de Curso 2019_20

Calendario de matricula e Información Fin de Curso

Achégase información importante sobre datas para a recollida do bolettín de cualificacións do alumnado e para a formalización da matrícula.

Dada a situación sanitaria na que nos atopamos é moi importante cumprir coas datas e quendas qie aparecen no documento

 

Un saúdo e ánimo

A Dirección

Listaxe Definitiva de Alumnado Admitido

19/06/2020

Publicada a Listaxe definitiva de alumnado admitido  no IES de Meaño para o vindeiro curso, e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección

Listaxe provisional de alumnado admitido e excluído

Xa está publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no IES de Meaño para o vindeiro curso, e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut