Skip to Content

Listaxe Definitiva de Alumnado Admitido

19/06/2020

Publicada a Listaxe definitiva de alumnado admitido  no IES de Meaño para o vindeiro curso, e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección



story | by Dr. Radut