Skip to Content

Xornada CDA (COMUNIDADE DE APRENDIZAXE)

XORNADA CDA (COMUNIDADE DE APRENDIZAXE)

 

Estimados membros da comunidade educativa do IES de Meaño,  todos os anos ao remate do curso escolar realizamos unha xornada de comunidade de aprendizaxe,  na queinvitamos ás familias e antigo alumnado do centro, e na que o noso alumnado prepara unha serie de Obradoiros para amosar moitas das cousas que aprenderon durante este curso.

Todos os que o desexen, poderán ver en persoa o resultado do traballo levado a cabo con moito esforzo polo alumnado durante o curso. e unirse ao recoñecemento que faremos a aqueles alumnos/as que destacaron pola súa implicación e colaboración na organización da vida escolar.

LUGAR: IES de Meaño

DATA: Mércores 21 de xuño

HORARIO: 11:30 a 15:00h (Podedes achegarvos en calquera momento)

PROGRAMA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR DE REALIZACIÓN

11:00-13:00

OBRADOIROS EDUCATIVOS: arte na nube, realidade virtual, xadrez, extracción de ADN, cortadora láser., modelado 3D, , impresión 3d, robótica, etc.

Patio interior e pavillón

13:30-14:45

ACTO FINAL DE CURSO 

  • Servizo á comunidade: entrega dos fondos recadados para unha ONG/asociaición.

  • Recoñecemento á colaboración e implicación do alumnado (alumnado titor, delegados/as, colaboradores de biblioteca, premio CIR... )

  • Acto  despedida  alumnado de 4º de ESO 

Pavillón

 

Agardámosvos. Un cordial saúdo.

 

O director

 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 22_23. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 23_24

"Instruccións e información importante" de cara ao remate do curso 22_23 e

as datas de matrícula para o curso 23_24

 

  • DATAS DE MATRÍCULA: 

SOLICITAMOS O CUMPRIMENTO DAS QUENDAS QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN

Aquelas familias que teñan máis dun fillo no centro, poderán matriculalos o mesmo día ainda que sexan para niveis diferentes.

CURSO

DATA

FRANXA HORARIA

1º ESO

MARTES 27 DE XUÑO

9 h a 14:15 h

2º ESO

MÉRCORES 28 DE XUÑO

9 h  a 14:15 h

3º ESO

XOVES 28 DE XUÑO

9h a 14:15 h

4º ESO

VENRES 30 DE XUÑO

9h a 14:15 h

 

Prégase sexa leído con atención. Grazas.

Un saúdo

A Dirección.

Aprendizaxe e servizo á comunidade

No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade)  para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

 

Este curso, a actividade está enmarcada no proxecto “O Meaño que queremos” e consistiu na fabricación e colocación de trampas para velutinas e a limpeza dos roteiros do Río da Chanca. Despois de toda unha mañá de traballo, alumnado e  profesorado conseguiron recolectar aproximadamente uns 50 kg de lixo e colocar un total de 120 trampas para Velutinas.

APS

USO DO MÓBIL. NORMAS E RECOMENDACIÓNS

 Uso do Móbil

 Derivado da observación que facemos do alumnado e das charlas con expertos na materia que recibimos no centro alumnado, profesorado e familias, creemos necesario realizar certas recomendacións sobre o uso que o alumnado fai dos dispositivos móbiles:

 

Normas do centro

    1. A utilización de dispositivos móbiles  polo alumnado no centro está prohibida.  (Unicamente poderían utilizarse se un profesor o autoriza con fins educativos).

    2. O alumnado non precisa o teléfono móbil para o seu traballo no centro, polo que se recomenda que NON O TRAIAN AO CENTRO. No centro dispoñen dun teléfono ao que poder chamar as familias e desde o que poder comunicarse o alumnado en caso de necesidade.

Recomendacións ás familias:

    1. Como pais/nais  temos que SUPERVISAR O USO que os nosos fillos/as FAN DO MÓBIL,que aplicacións utilizan que webs visitan a que xogan, que contas de correo teñen, que redes sociais utilizan, etc.  Do mesmo xeito que controlamos a que hora chega a casa ou con quen queda,  por exemplo. NON TODO E AXEITADO PARA A SÚA IDADE. Existen aplicacións para facelo 

    2. Deben apagar o móbil pola noite para poder descansar axeitadamente, incluso poden deixalo fóra da habitación.

 

Nos seguintes enlaces tedes moita máis información:

 

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

 

Solicitamos a colaboración das familias para que realicen esta ENQUISA que nos achega a Consellería de Educación co obxectivo de coñecer a situación dos centros educativos galegos no referente á convivencia escolar.

Estes días farémosvos chegar por medio dos vosos fillos/as un documento coas instruccións e a clave de acceso ao aplicativo para cubrir a enquisa. A enquisa é totalmente anónima.

O prazo para cubrir a enquisa remata o 22 de Maio

 

ACCESO Á ENQUISA

 

Un saúdo e grazas pola colaboración.

A dirección

 

Aprendizaxe e Servizo a comunidade

No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade)  para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

Este curso, a actividade está enmarcada no proxecto“O Meaño que queremos” e consistirá na fabricación e colocación de trampas para velutinas e a limpeza dos roteiros do Río da Chanca.

 

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

  • Mércores 19/04/23 de 9.30h a 15.10h

  • Participará todo o alumnado e convidamos a todas ás familias que queiran participar.

  • O alumnado irá provisto de guantes que lle proporcionaremos no centro, ademais o centro repartirá bolsas para o lixo.

  • O alumnado debe levar calzado axeitado e algo para merendar.

  • O alumnado desplazarase en autobús ata os puntos de partida da ruta.

 

DISTRIBUCIÓN:

Horario aprox: 

  • 9:30 a 10:15h:  Saída de  3º e 4º  cara o Cementerio de Simes - Pasales: ruta de 10:30 a 13:30 h  

  • 10:30 a 11:15: Saída de 1º e 2º cara os Muiños de Lores - Pasales:  ruta de 11:30 a 13:30 h

  • 13:30h:  Merenda e xogos nos Pasales 

  • 14:45h: Volta camiñando para o centro

  • 15:10h : Retorno aos domicílios.

 

Un saúdo

A Dirección

ENQUISA FAMILIAS PLAN DE IGUALDADE DE CENTRO

Para a elaboración,  do "PLAN DE IGUALDADE" do IES de Meaño solicitamos a colaboración das Familias do alumnado do IES para cubrir a seguinte ENQUISA  que é TOTALMENTE ANÓNIMA. Os datos recollidos da mesma servirán para elaborar o Plan de Igualdade do centro.

A finalidade é coñecer a súa  opinión, crenzas e expectativas en relación coa  coeducación e a igualdade entre  homes e mulleres no seu rol de pai ou de nai.
Dispoñer da información que nos pode proporcionar neste tema é clave para  detectar necesidades e mellorar a resposta educativa que poidamos dar ao respecto.
Grazas pola súa colaboración.

 ENQUISA 

 

Un saúdo e grazas pola colaboración

A Dirección.

ESCOLA DE PAIS E NAIS

ESCOLA DE PAIS E NAIS DO IES DE MEAÑO

Convidamos a todas as familias do alumnado do IES de Meaño a un obradorio sobre

“USO E ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS”

Organizamos esta actividade para tratar de ter unhas orientacións sobre como abordar cos nosos fillos/as adolescentes, os problemas derivados do uso das novas tecnoloxías (móbiles, redes sociais, ertc..). Agardamos poidades acudir xa que contaremos coa presenza dun profesional con moita experiencia no tema.

Lugar:  IES de MEAÑO

Data:  Xoves 23 DE Marzo

 Hora:  19:00h

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:

Distribuir contido


by Dr. Radut