Poesía no camiño

 

O vindeiro 22 de outubro o IES Lucus Augusti acollerá o recital "Poesía no camiño"

Lugar / hora: Salón de actos / 11:45 a 13:25

Alumnado: 1º BAC de Humanidades e CC SS

Organiza: Departamento de Filosofía

Descrición: O proxecto de Fundación Uxío Novoneyra forma parte da programación O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e ten como obxectivo recuperar a memoria das referencias e influencias da temática xacobea na poesía actual, seguindo a ruta do libro “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago (Ámeto Mítico)”. Trátase dunha experiencia de escrita itinerante no que participan os poetas Grace Wells, Demián Rabilero, Tálata Rodríguez, Diego Horchowski, Fátima N. Delgado y María Luiza Fernandes da Silva, procedentes de Irlanda, Cuba, Colombia, Arxentina, Galicia e Brasil, respectivamente.

 

A experiencia ten como obxectivo recuperar influencias coma a lírica provenzal e a mística sufí que chegaron as nosas terras polos Camiños, recuperar o ámeto mítico, esa xeografía soñada do país que imaxinou Uxío Novoneyra. Ademáis de reactivar a temática xacobea trátase tamén de achegar ao alumnado ao feito poético en vivo.

Powered by Drupal - Design by artinet