Matrícula ESO (réxime adultos)

As persoas interesadas en completar a Educación Secundaria polo réxime de adultos (módulos 2 e 4) poden formalizar a matrícula do 10 ao 16 de xaneiro de 2012 no IES Antón Losada Diéguez de A Estrada.
A formación presencial desenvolverase desde o día 6 de febreiro ata o 22 de xuño en horario de 18:45 a 22h.

CIDADANÍA 2.0

República.com: redes sociais e loitas políticas na era da internet

Charla-Coloquio enmarcada no ciclo "Pensar Politicamente o Presente"

Ponente: Luis Álvarez Pousa

Data: 14 de decembro de 2011

Hora: 10:45 a 12:25

Pode consultar o programa completo das xornadas neste enlace

ENCONTROS CLUBES DE LECTURA EN SANTIAGO

Data: 24 de novembro de 2011

Hora: 8:45h. a 19h.

Participará alumnado de diferentes cursos

GLOBALIZACIÓN

Charla-Coloquio enmarcada no ciclo "Pensar Politicamente o Presente"

GLOBALIZACIÓN

Ponente: Jorge Álvarez

Data: 22 de novembro de 2011

Hora: 10:45h. a 12:25h.

Podes consultar neste enlace o programa completo das xornadas

25-N. CONCURSOS: AMA CON BOS TRATOS, AMA SEN CONTROLARME

A vicedirección e Club de Lectura 'Os retelladores do galiñeiro', con motivo do 25 de novembro (Día Internacional da violencia contra as mulleres) convoca dous concursos: un de relato curto e outro de fotografía. Establécense dúas categorías, unha de 1º a 3º da ESO, e PCPI, e outra con 4º da ESO, Bacharelatos e Ciclos. Haberá, se o xurado o considera oportuno, dous premios por categoría consistentes nun vale de 25€ para mercar libros e/ou material escolar nas librarías da Esrtrada.

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Celebramos o día 22 de novembro de 2011, día de Santa Icía (patrona da música), cun concerto de ópera e zarzuela interpretado por: Liliana Dias (soprano), Pablo Nieves (barítono) e Rupert Twine (piano)

 

 

Conferencia de Xosé Neira Vilas

Mañá 10/11/2011 o escritor e académico Xosé Neira Vilas estará na Estrada para, logo de visitar o CEIP Pérez Viondi, dictar no IES Antón Losada Diéguez unha conferencia para o alumnado do centro ás 12:45 co título "Galiza en América: exilio e emigración"

Esta actividade parte da celebración do cincuentenario da publicación de Memorias dun neno labrego, libro que superou as 30 edicións e foi traducido a diferentes idiomas, e que fixo de Neira Vilas, autor prolífico e de gran variedade xenérica (narrador, poeta, tradutor, ensaísta, investigador...), o autor que máis protagonismo lle ten dado aos nenos en obras que non son consideradas o que habitualmente a crítica chama literatura infantil e xuvenil. Amais de escritor, é memoria viva da intensa actividade dos emigrantes e núcleos de exiliados en América ao longo do século XX, fenómeno que investigou e documentou abondosamente e que divulgou a través de máis dunha ducia de libros publicados nos últimos vinte anos.

 

Magosto

Data: 11 de novembro de 2011

Hora: 12:30 a 14:25

Organiza o alumnado de 4º ESO

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Videoconferencia: "Aplicacións da investigación xenética e o seu uso na práctica policial"

Ponente: Ángel Carracedo, Catedrádico de Medicina Legal.

Data: 4 de Novembro de 2011

Hora: 12:30 a 13:30

Lugar de celebración: Sala de Usos Múltiples (4º ESO, 1º e 2º Bach)