O alumnado dos ciclos de madeira e moble vai á universidade

 

O alumnado dos ciclos básicos, medios e superior de Madeira desprazouse o martes 10 de outubro ao campus de Lugo da USC para participar nunha interesante xornada formativa promovida pola Plataforama da enxeñaría da madeira estrutural (PEMADE). Foron recibidos polo seu director, Manuel Guaita. A seguir, e da man da arquitecta Belén Feijóo asistiron a unha clase sobre “Construción con madeira local”, coñeceron as instalacións de PEMADE xunto cos traballos que se desenvolven, e visitaron o edificio #ImpulsoVerde, construído con madeira local no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Foi unha xornada ben interesante e completa para o alumnado e o profesorado. Agradecemos a dedicación, atencións e trato recibido nesta visita por parte de Manuel e Belén e demais responsables de PEMADE (Plataforma da enxeñería da madeira estrutural)

Podes ver máis imaxes AQUÍ