PREMIO PARA PROXECTOS DE INNOVACIÓN DE FP PARA O LOSADA DIÉGUEZ

Un proxecto coordinado polo IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez foi escollido dentro da convocatoria da Consellería de Educación dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. No proxecto premiado, denomiando Eco Urban Furniture For Schools, colaboran tamén os cetntros: IES Monte Neme de Carballo e CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo.

O proxecto centrarase na fabricación de mobiliario exterior para centros educativos seguindo uns criterios ecolóxicos e de sostibilidade. Tamén se trata de que o proxecto se basee na utilización de sistemas de eficiencia enerxética.

O CIFP Paz Andrade será o encargado do desñeo do mobiliario, o IES Monte Neme realizará as pezas metálicas e no Losada Diéguez procederase á fabricación do mobiliario, que permitirá a renovación do mesmo no noso centro.

Ademais, o noso centro figura como colaborador noutros dous proxectos premiados. Por unha banda, participa no denominado BENenBICI, coordinado polo CIFP Ferrolterra, no que realizará as estruturas de madeira de zonas de estacionamento e carga de bicicletas eléctricas. Por outra, realizará un carro-expositor de produtos para o proxecto O rexurdir das landras, liderado polo IES de Vilamartín.

Enlace á nova no Portal Educativo.