Skip to Content

Admisión alumnado: listaxe provisional

Xa está publicada a listaxe e alumnado admitido. Pódese comprobar no IES Leliadoura ou na páxina Web coa chave 365. Todo o alumnado que presentou a solicitude en prazo está admitido.

 

 Aberto do 1 ao 22 de Marzo

Solicitude de Admisión

Prazas vacantes:

NIVEL

VACANTES ESTIMADA

ESO 1º

11

ESO 2º

16

ESO 3º

9

ESO 4º

7

BACH CCTEC 1º

8

BACH HCS 1º

10

BACH CCTEC 2º

25

BACH HCS 2º

20

 

 
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.


blog | by Dr. Radut