Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Concursos literarios e premios

Premios de fin de curso 2011-12

No festival de fin de curso celebrado o 22 de xuño entregamos os premios da biblioteca. Nesta ocasión decidimos premiar ás persoas que máis préstamos teñen rexistrado ao longo do curso. Os premios consistiron en libretas de bibliotecas escolares e un libro tendo en conta os intereses de cada unha das persoas premiadas. Como pode verse na táboa de abaixo, a maioría son alumnas, mais tamén quixemos premiar aos nosos P.A.S. máis lectores. 

Animámosvos a seguir vindo remexer entre os andeis, pois sempre hai algún título especial esperándovos. Graciñas a todos e felices vacacións!!!

Persoas premiadas

Curso

Préstamos rexistrados
Alba García 2ºA 48
Begoña Pérez 4º A 46
Fátima Nieves 3º A 44
Tamara Rodríguez 4º A 44
Zoé Quintela 3º A 43
Natalia Tajes 4º A 41
Andrea Fernández 4º A 40
Nerea Ronquete 3º A 40
Tania Costa 4º A 40
Ana Cernadas 3º A 38
Nicole Lemaitre 4º A 36
Evelyn Solares 3º A 25
Marcos Rodríguez 3º A 26
Silvia de la Iglesia Cafetaría 25
Enrique Guillán Conserxe 20

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premios do Concurso de Carteis pola Paz

Logo de revisar todos os traballos entregados para o Concurso de Carteis pola Paz, o xurado decidiu entregar dous premios:

1º premio: Alba Sendón e Andrea Rey de 1º de ESO

2º premio: María Carballo de 1º de ESO

Os premios entregados foron libretas de Bibliotecas escolares, material escolar e un libro para cada premiada.

Graciñas a todos os participantes e noraboa ás gañadoras!

Concurso de relato curto do Centro de Día

O Centro de Día de Carnota en colaboración co Concello vén de convocar o I Concurso de Relatos Curtos, con motivo da celebración do Día Internacional do Maior o día 1 de outubro. O concurso ten como lema “Por que quero chegar a vello?”.

Desde a biblioteca animámosvos a participar nesta actividade, que contribuirá a xerar unha concepción positiva da vellez, entendida como unha etapa autónoma, produtiva e participativa.

Poderán concorrer a este certame todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, con relatos inéditos en lingua galega, cun máximo de 1000 palabras, que aborden o tema do concurso (Por que quero chegar a vello?).

 

Hoxe estamos de noraboa!!! Tres dos nosos alumnos foron os gañadores do concurso: 1º premio para Nerea Ronquete de 3º; 2º premio para Aitor Ariza de 4º e o 3º premio, para Maricarmen Núñez de 4º. Noraboa a todos os que participastes e que cos vosos traballos fixestes un chisco máis alegre o tempo dos maiores do Centro de Día.

Premios de fin de curso na biblioteca

No recreo do 22 de xuño entregamos na biblioteca os premios de fin de curso. Nesta ocasión concedemos dous tipos de premio:

 

-Para o alumnado que levou máis materiais en préstamo.

Os premiados son: Fátima Nieves Riveiro de 2º (55 préstamos),   Begoña Pérez Domínguez de 3º (52), Zoé Quintela Costa  de 2º (51) e Miguel Ángel Pérez Álvarez de 1º (42).

-Para as doazóns.  Ao longo do curso houbo varias persoas (alumnado e profesorado) que doaron libros para a biblioteca. Quixemos premiar a aqueles que comezaron con esta iniciativa e que pensaron que a nosa biblioteca ademais de emprestarlles materiais tamén podía enriquecerse con algúns que eles tiñan na casa e que quixeron regalárnolos desinteresadamente.

Os premiados son: Yago Costa Piñeiro de 2º, Demi Patricia Pérez Bacha de 2º e María Riveiro Carballo de 1º da ESO.

A todos os premiados, noraboa!

Entrega de premios do primeiro trimestre 2010-11

O mércores 22 de decembro imos entregar os premios deste trimestre. Nesta ocasión entregamos dous premios:

-Para o alumnado que levou máis materiais en préstamo.

As premiadas son: Adriana Leis Formoso (21), Fátima Nieves Riveiro (20), Zoé Quintela Costa (19) e Begoña Pérez Domínguez (18).

-Para os mellores usuarios. Chamámoslles "bos usuarios" a aquelas persoas que están moi pendentes de todo o que acontece na biblioteca, das novidades que chegan, das actividades que se organizan, que asesoran os compañeiros na busca dos materiais e mesmo botan unha man no préstamo. 

As premiadas son Natalia Tajes Caamaño e Nerea Ronquete Cambeiro.

A todos os premiados, mellor diremos premiadas xa que son todas rapazas, noraboa!

I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar"

A Consellería de Educación acaba de convocar o I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar" para o alumnado de 3º ciclo de Primaria e 1º ciclo da ESO, que se vai celebrar ao longo deste curso 2010-2011.

Pódese participar no concurso de xeito individual o en grupo ( dun máximo de cinco persoas). O concurso ten tres fases: a primeira no instituto, unha segunda a nivel autonómico e unha final na que se decidirán os gañadores nunha lectura pública. Haberá premios para os mellores lectores ou lectoras e tamén para os seus centros de procedencia. 

Se queredes máis información, lede as bases do concurso aquí. Tamén podedes ver o cartel.

O 3 de decembro deuse a coñecer a relación de persoas que pasan á fase final. A pesar de que ningún dos nosos alumnos foi seleccionado, estivo moi ben ter participado e tratar de mellorar a súa capacidade lectora. 

O 16 de decembro celebrouse a final en Santiago e xa hai gañadores do concurso. Se queredes saber quen foron, podedes lelo aquí.

Entrega de premios de fin de curso 2010

O martes 22 de xuño durante o recreo entregamos na biblioteca os premios finais deste curso.

Concedemos dous tipos de premio tendo en conta o uso que se fai da biblioteca e polas lecturas realizadas e os préstamos de materiais.

Na categoría "Aos mellores Usuarios" as persoas premiadas foron:

Natalia Tajes Caamaño, Nicole Lemaître Domínguez e Demi Patricia Pérez Bacha (todas de 2º da ESO).

Na categoría "Aos mellores lectores" as persoas premiadas foron:

Tania Costa Beiro (3º ESO), Begoña Pérez Domínguez e Adriana Leis Formoso (ambas de 2º da ESO)

Os agasallos consistiron en lotes formados por unha axenda das que nos mandaron da Asesoría de Bibliotecas Escolares, material escolar e un libro especialmente escollido para cada premiada. Este lote ía presentado en cadansúa bolsa de Bibliotecas Escolares.

Concedemos tamén un premio especial a David Álvarez pola continuada colaboración da Radio coas actividades da biblioteca. 

Podedes ver algunha foto da actividade aquí.

Queremos felicitar a todos os premiados  e animarvos a todos e a todas a seguir dándolle sentido á biblioteca. 

Premios da biblioteca: 1º trimestre 09-10

O martes 22 de decembro faremos entrega dos premios do trimestre na biblioteca durante o recreo.

Os premios serán dados aos mellores usuarios, tanto no servizo de préstamo, coma nas actvidades de formación de usuarios.

Tamén podedes achegarvos a consultar o novo panel de novidades e levar as recomendacións que vos facemos para as vacacións de nadal. Seguro que atopades algo que vos encha o ollo!

Graciñas a todos por participar e que as vacacións vos sexan proveitosas!!!

Premios de fin de curso

Xa queda pouco tempo para saber quen serán os premiados no fin de curso. Lembrade que, coma todos estes anos, entregaremos agasallos aos mellores lectores. E este ano vai haber sorpresas!

E si, chegou o día agardado. No último día de clase deste curso, o 23 de xuño, entregamos os premios: 

Premio aos mellores lectores 

Na lista apareceron Silvia Fuentes Martínez de 3º, Ariadna Leis Capelo de 4º e Andrea Sendón Alonso de 4º. 

Premio aos usuarios de máis empréstitos

Os premiados foron José Martín Lago Pérez de 4º  e Tania Costa Beiro de 2º da ESO.

Premio aos mellores  na formación de usuario

Os premiados foron moitos e podedes ler a relación aquí.

Aproveitando a ocasión, tamén lles lanzamos unha "pedrada" aos morosos, mais a estes preferimos non darlles publicidade. 

Só nos queda dicirvos que foi un pracer atendervos ao longo do curso. Esperamos que sigades facendo uso de todos cantos servizos vos ofrece a biblioteca.

Bo verán e moi boas lecturas!!

Premios de lectura

No festival de finais do trimestre, o venres 19 de decembro, entregamos os Premios de Lectura deste trimestre. As persoas que conseguiron os premios foron:

Javier Raña (de 1º da ESO), Sergio Piñeiro (de 2º), Silvia Fuentes (de 3º) e Ariadna Leis (de  4º).

Agardamos a que tamén no 2009 sigades lendo  e que animades aos vosos compañeiros e compañeiras a que o fagan.  Noraboa  e a gozar coa lectura!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut