Matemáticas

Actividades durante os días de peche do instituto (COVID-19)

A declaración do estado de alarma no pasado domingo 15 de marzo de 2020 provocou o peche total do noso centro educativo, algo que xa se vos notificou cando o goberno galego declarou o estado de emerxencia sanitaria o xoves 12 de marzo. É por iso que desde o Departamento de Matemáticas, ante tales feitos, programáronse diferentes actividades que se vos comunicaron en persoa ao alumnado que asistiu ao centro o venres 13 de marzo. Así e todo, deixámosvos aquí a relación de traballo proposto para estas próximas semanas:

Para 1º e 2º de ESO (Matemáticas):
Semana do 01/06/2020:
- 1º ESO: boletín 11 de exercicios sobre o SMD.
- 2º ESO: boletín 11 de exercicios de semellanza.

Semana do 25/05/2020:
- 1º ESO: boletín 10 de exercicios de xeometría.
- 2º ESO: boletín 10 de exercicios de semellanza.


Semana do 18/05/2020
:

- 1º ESO: boletín 9 de exercicios de estatística.
- 2º ESO: boletín 9 de exercicios de xeometría.

Semana do 11/05/2020
:

- 1º ESO: boletín 8 de exercicios de estatística.
- 2º ESO: boletín 8 de exercicios de xeometría. NOTA: no exemplo da páxina 2 hai un erro: o volume calcúlase como V = 1/3 · Ab · H ; tal e como aparece na teoría. Nese exemplo falta multiplicar por 1/3. O resultado é 29,87 cm3.

Semana do 04/05/2020:
- 1º ESO: boletín 7 de exercicios de xeometría.
- 2º ESO: boletín 7 de exercicios de xeometría.

Semana do 27/04/2020:
- 1º ESO: boletín 6 de exercicios de proporcionalidade e porcentaxes.
- 2º ESO: boletín 6 de exercicios de estatística e probabilidade.


Semana do 20/04/2020:
- 1º ESO: boletín 5 de exercicios de xeometría (áreas e perímetros).
- 2º ESO: boletín 5 de exercicios de xeometría (Th. de Pitágoras).

Semana do 14/04/2020:
- 1º ESO: boletín 4 de exercicios de ecuacións de 1º grao.
- 1º ESO (para H.S.M.): boletín de reforzo sobre múltiplos e divisores.

- 2º ESO: boletín 4 de exercicios de funcións.

Semana do 30/03/2020:
- 1º ESO: boletín 3 de exercicios de cálculo de perímetros e áreas.
- 2º ESO: boletín 3 de exercicios sobre o teorema de Pitágoras.


Semana do 23/03/2020:
- 1º ESO: boletín 2 de exercicios de proporcionalidade.
- 2º ESO: boletín 2 de exercicios de probabilidade. (NOTA do 31/03/2020: as solucións do exercicio 4, apartados a), b) e c), estaban mal, agora xa corrixidas)

Semana do 16/03/2020:
- 1º ESO: boletín 1 de exercicios de proporcionalidade.
- 2º ESO: boletín 1 de exercicios de estatística.


Para 3º e 4º de ESO (Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas):
Semana do 30/03/2020:
- 3º ESO e 4º ESO: a partir de agora, e mentras non se reanuden as aulas presenciais, todas as tarefas a realizar subiranse á aula virtual, polo que debedes estar pendentes dela. En todo caso, ao comezo de cada semana enviarásevos un correo electrónico, para que saibades que hai novo traballo dispoñible.

Semana do 23/03/2020
:

- 3º ESO: xa está dispoñible na aula virtual as solucións ao boletín de sucesións e progresións.
- 4º ESO: dispoñible as solución do boletín de trigonometría.
 
Semana do 16/03/2020:
Tedes na aula virtual os boletíns de exercicios que se estaban traballando na aula, tanto o de sucesións (3º de ESO) como os de semellanza e trigonometría (4º de ESO). As solucións destes boletíns colgaranse ao longo da semana do 16 de marzo.

Para 4º de ESO (Economía):
Semana do 14/04/2020:
Boletín de exercicios a entregar.

Semana do 16/03/2020:
Lectura do tema 7 do libro de texto e resolución das actividades do mesmo.


Se tedes calquera dúbida no referente á solución dos exercicios, só tedes que pórvos en contacto co profesor/a responsábel mediante o correo electrónico: Elisa e Macías.

Moito ánimo para estes días de peche.
Departamento de Matemáticas

Programacións didácticas

Pinchando no seguinte enlace podes acceder ao curso titulado Departamento da Aula Virtual do IES Lamas de Castelo, onde atoparás a Programación Didáctica das diferentes materias impartidas polo Departamento de Matemáticas, xunto con outras informacións de carácter xeral do Departamento (relacións de exercicios resoltos para o alumnado coa materia pendente de cursos anteriores, material bibliográfico dispoñible...). Tamén podes descargar as programacións nos ficheiros adxuntos a esta nova.

Composición do departamento

Durante o curso académico 2019/2020, a docencia asignada ao Departamento de Matemáticas estará distribuída da seguinte maneira:

MACÍAS LÓPEZ IGREXAS, que impartirá aulas de:

  • Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas en 3º ESO.
  • Matemáticas orientadas as ensinanzas académicas en 4º ESO.
  • Matemáticas en 2º ESO (reforzo).

ELISA MARTÍNEZ BUSTO, que impartirá aulas de:

  • Matemáticas en 1º ESO.
  • Matemáticas en 2º ESO.
  • Economía en 4º ESO.
Distribuir contido