Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Secretaría

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso escolar 2015/16

Convocatoria publicada no DOG do 1 de setembro (texto completo; resumo).

Requisitos

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

2. As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo de presentación de solicitudes será até o 2 de outubro.

Matrícula para o curso 2015/16

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man xa cuberta; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man.

    En casos de separación, copia da sentenza onde figura quen ten a custodia.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Libros de texto

Actualización, 7 de xullo:


 

Aquí poden atopar unha circular que pretende explicar como se regulan as axudas para a adquisición de libros de texto, que afecta ao alumnado de 1º e 3º de ESO, e o fondo solidario de libros de texto, que afecta ao alumnado de 2º e 4º de ESO. Para iso, acompañando esta circular van uns resumos feitos por nós. As ordes correspondentes foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o 1 de xuño (aquí e aquí).

 Detalles para mirar antes de devolver os libros de texto:

  • Non quedaron dentro fichas, redaccións, fotocopias, etc.
  • Devólvense tamén os CD, se viñan con algún.
  • Non hai nada escrito con tinta e o escrito a lapis está borrado.
  • Non hai nada pegado por dentro nin for fóra.

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2013/14

Segundo a instrución 4/2013, do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2013/14.

As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do 2 de xullo. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.

RESOLUCIÓN

Rematado o prazo, adxudicóuselle á empresa SILMER S.C.

Matrícula para o curso 2013/14

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Matrícula para o curso 2012/13

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo.
  3. Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.
  4. DNI dos pais/nais/titores legais

1º de ESO

  1. DNI
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

 

Materiais curriculares para o curso 2012/13

Estas son as listaxes dos materiais requiridos para 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO, 3º de ESO-PDC e 4º de ESO.

Horario de secretaría - Verán de 2010

Xuño

  • De 09.00 h. a 14.00

Xullo

  • De 10.00 h. a 13.00
  • A biblioteca está aberta ao préstamo

Agosto

  • Fechada

Matrícula para o curso 2010/11

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  • Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño; tamén é válida para matricularse en setembro.
  • Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia

3º e 4º de ESO

  • 1,12 euros para o seguro escolar

Matrícula para o curso 2009/10

Tense que matricular todo o alumnado que vaia cursar estudos no IES Lamas de Castelo para o curso que ven, tanto o que está xa no centro como o que proveña dos centros adscritos de Carnota e do Pindo (que fixo a reserva de praza de febreiro).

 

PRAZOS DE MATRÍCULA

PRAZO ORDINARIO

(para alumnos/as que aproben todo en xuño) do 25 DE XUÑO ao 10 de XULLO.

PRAZO EXTRAORDINARIO

(para alumnos/as que non se matriculasen en xuño) do 1 ao 10 de SETEMBRO.

 

REQUISITOS

 

1º ESO

2º ESO

3º e 4º ESO

  • Solicitude de matrícula

    (na Secretaría do centro ou aquí)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Fotocopia DNI

  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria

  • Fotocopia Libro de Familia

    (só a folla na que figura o alumno/a)

  • Permiso Imaxe Menores

    (na Secretaría do centro ou aquí)

  • Solicitude de matrícula

    (enviada por correo)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Permiso Imaxe Menores

    (enviado por correo)

  • Solicitude de matrícula

    (enviada por correo)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Abonar 1,12 euros

    (seguro escolar)

  • Permiso Imaxe Menores

    (enviado por correo)

Títulos de graduado en Educación Secundaria

Pódense vir recoller os títulos de graduado en Educación Secundaria de quen rematasen até o curso 2005/06. Débeos recoller o alumno ou unha persoa debidamente autorizada.

Distribuir contido


by Dr. Radut