O ano remata pero non deixa de darnos sorpresas: acaba de nacer unha Revista de Literatura infantil e xuvenil, Criaturas e foi presentada no Culturgal,a Feira das industrias culturais de Galicia. Aquí, unha entrevista cun dos seus creadores.
Animámosvos a consultala pois tédela colgada na rede e podedes acceder a ela sempre que queirades.
Aquí tedes o último boletín publicado. Nel atoparedes materiais variados para ler, oír, ver... durante estes días de vacacións. Boas festas e boas lecturas!
Miguelanxo Pradoacaba de ser galardoado coPremio Nacional de Cómic do 2013, premio outorgado polo Ministerio de Cultura cun dotación de 20.000 € e o recoñecemento que iso significa. A súa obra Ardalén foi a merecedora desta distinción, pero tamén é un premio que recoñece tantos anos de traballo dedicados á banda deseñada.
Cremos que esta é unha boa ocasión para que vos animedes a ler ou reler as súas obras. Tedes moitas delas na biblioteca e tamén información sobre o autor e a súa obra nestas ligazóns: unha reseña de Ardalén escrita por Agustín Fernández Paz ou nesta noticia da TVE ou na entrevista de VTelevisión.
Animádevos a aproveitar o tempo de lecer con algunha destas suxestións... ou moitas outras que tedes na biblioteca. Lembrade que podedes levar materiais para o verán: collédelos o venres 21 e podedes vir renovalos en xullo (horario de secretaría) ou levar outros para todo o verań. A entrega final de entrega é o primeiro día de setembro.
Animámosvos a escoitar a Agustín Fernández Paz no seu discurso de clausura dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, o día 8 de marzo de 2013. Nel cóntanos como se constrúe un lector, así como a súa relación coa lectura e os libros.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Na primeira fin de semana de decembro celebrouse en Pontevedra o Culturgal e deixámosvos aquí unha campaña que nos gustou moito. Fala do "Ser libris" e, como non, é unha boa campaña de animación á lectura:
Este premio convocado a nivel iberoamericano (Premio Iberoamericano SM de literatura Infantil y Juvenil) vai dirixido a autores que teñan unha traxectoria literaria enfocada a nenos e mozos. O premio está dotado con 3000 dólares recollerao na Feira Internacional do Libro en Guadalajara (México). O xurado decidiu premiala polo " estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do lector, cunha linguaxe coidadosa, lírica, amena e que recupera a riqueza da oralidade".
Recentemente, participou no "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y en la Cultura. IV Congreso Leer.es" coa conferencia inaugural titulada "Una vida entre libros" na que fai unha excelente campaña de animación á lectura e á escritura.