PRESENTACIÓN DA MATERIA
A materia está organizada en catro bloques de contidos: Condición física e saúde, Xogos e Deportes, Expresión Corporal e Actividades no medio natural.
1º ESO
No primeiro bloque veremos que é a Educación Física e para que serve, qué é o quecemento, como se realiza e para que serve. Faremos actividades e xogos para a mellora da condición física, e exerciciós de corrección postural.
O voleibol, o atletismo, deportes de raqueta e outros xogos de recreación ocuparán a partes de Xogos e Deportes. Tamén practicaremos xogos e deportes tradicionais de Galicia.
Dentro da Expresión Corporal faremos algunha danza sinxela e xogos de comunicación e imitación.
Tamén aprenderemos a facer algúns nós, organizaremos camiñadas polo entorno cercano ao centro e veremos nocións básicas sobre a acampada.
2º ESO
Condición Física e Saúde: Faremos actividades de quecemento e acondicionamento físico e traballaremos as capacidades físicas básicas.
Xogos e Deportes: Realizaremos xogos con implementos, actividades pre-acrobáticas, malabares, baloncesto, repasaremos o bádminton e os xogos tradicionais.
Expresión Corporal: Faremos algunha danza do Renacemento e actividades de expresión co corpo.
Actividades no medio natural: Aumentaremos a nosa destreza facendo nós, faremos algunha camiñada e xogos de orientación.
3º ESO
Condición física e Saúde: Estudaremos o quecemento, o aparato locomotor e traballaremos o acondicionamento físico xeral.
Xogos e Deportes: Voleibol, actividades ximnásticas, xogos tradicionais e de recreación.
Expresión corporal: Faremos unha ou dúas danzas do mundo.
Actividades no medio natural: Carreiras de orientación
4º ESO
Condición Física e Saúde: Quecemento, adestramento deportivo, acondicionamento físico, respiración e relaxación. Tamén estudaremos as lesións máis comúns no deporte e os primeiros auxilios para tratalas.
Xogos e Deportes: Faremos un repaso xeral de todos os deportes e xogos tratados en anos anteriores en forma de competición.
Expresión Corporal: Coreografías e Precusión Corporal.
Actividades no medio natural: A orientación.