Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades

Fin de curso 2016/17

O final do curso 2016/17 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o venres 23. Ese día realizaranse actividades especiais pero no horario habitual.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o luns 26 na aula de titoría correspondente ás 11:00. As cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar.
  • Devolución de libros: O alumnado que saiba que aproba todo, devolveraos o día 22 ou o 23.  O resto devolverá os libros das materias aprobadas o día 26.
  • O prazo de reclamacións comeza no momento de entrega das notas e esténdese até ás 10:00 do mércores 28. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Horario de secretaría:
    • xuño, de 9:00 a 14:00
    • xullo, de 10:00 a 13:00h
    • agosto, correo electrónico (ies.lamas.castelo@edu.xunta.es); teléfono (8818 67200 de 10:00 a 13:00)

Cancelada a subida á Moa

Polas circunstancias metereolóxicas previstas para mañá, xoves 22, de pouca visibilidade por causa da néboa, cancélase a subida á Moa que estaba prevista.

Materiais curriculares para o curso 2017/18

Libros de texto e outros materiais para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut