A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou 3.700 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no Reino Unido, Irelanda e Francia. Esta convocatoria vai dirixida a alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que aprobasen a lingua estranxeira no curso 2006-2007e que non teñan outras axudas similares durante este curso. Para 1º da ESO hai 500 prazas en España.
A duración da estancia no estranxeiro será de 3 semanas. O custo por curso para a familia é de só 100€, xa que a Consellería financia os gastos completos da viaxe, monitor/es acompañantes, gastos de docencia (de 15 a 20 horas semanais) e materiais, actividades complementarias (culturais, deportivas...), gastos de mantenza e aloxamento, certificado de realización da actividade e seguro.
Necesitaredes o código do noso centro, que é o 15027885.