Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material (2020/21)
Adxúntase a seguinte información:
- Anexo I
Prazo presentación solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 (ambos inclusive)
Como presentar as solicitudes?
-
Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I) na aplicación: www.edu.xunta.es/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
-
En caso de non poder tramitar as solicitudes por vía electrónica, tamén se poderá acudir presencialmente ao centro docente con cita previa no tlfn 881867201
-
En caso de acudir ao centro, polo ben de tod@s, pregámoslles que usen mascarilla e traian o seu propio bolígrafo.
Debido as circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, a devolución de libros do curso 2019-2020 poderá realizarse desde o 19 de xuño ata o 7 de xullo, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro.
A entrega dos libros do fondo solidario do curso 2020-2021 que lle corresponden a cada alumno/a realizarase, preferentemente en setembro, debido a que son libros que estiveron manipulados por diferente alumnado e hai que deixar un prazo prudencial antes da súa nova entrega pois está así aconsellado polas autoridades sanitarias.