EDUGAL

Enviado por silvia o Mar, 10/10/2023 - 06:55

 

12º SALÓN DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN DE GALICIA 2023

 

 

O pasado xoves 5 de outubro visitamos co alumnado de 4º ESO o 12º Salón de Educación e Formación de Galicia, no recinto feiral de Pontevedra.

Un salón que axuda aos estudantes a decidir o seu futuro formativo e profesional a través dunha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que  tratan de dar resposta ás súas necesidades de formación. 

 

 

( categories: )