II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu

Enviado por olalla o Ven, 11/11/2016 - 10:09

     A Biblioteca do IES Illa de Ons e o Departamento de Educación Plástica e Visual queren animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico do San Martiño de Bueu, convocado polo Concello dentro das actividades programadas para estas festas. No CADERNO DE BITÁCORA da Biblioteca podedes acceder ás bases desta convocatoria e a outras novas de interese.

( categories: )