Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 15, 2018
Start: 15/02/2018 11:55
End: 15/02/2018 12:45

REXURDIR impartirá no noso centro un taller sobre drogodependencias ó alumnado de 1º de ESO.

 

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

 

 

Comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. 

DATAS: 18 e 25 de xaneiro.

              1 e 15 de febreiro.

               8 de marzo.

A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.

 

Xoves Febreiro 22, 2018
Start: 22/02/2018 10:00
End: 22/02/2018 12:00

O 22 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO  asistirá ó auditorio do concello de Cangas á representación dunha obra teatral  en francés" LA VIE EN ROSE". Trátase dunha obra de teatro na que o alumnado coñecerá épocas e movementos sociais nos que os protagonistas son mulleres que fixeron historia.

Venres Marzo 09, 2018
Start: 09/03/2018 12:00

XII CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN

"A IGUALDADE NO TRABALLO"

 

Co gallo da Conmemoración, do día 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou entre o alumnado do derradeiro ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, o XII concurso de viñeta e ilustración baixo a temática "A igualdade no Traballo". O obxectivo é sensibilizar ao alumnado sobre a desigualdade laboral entre os homes e as mulleres.

Entre os alumnos/as premiados tivo unha mención especial unha alumna de 1º de ESO do noso centro; Iria Rodríguez Iglesias.

A entrega de premios tivo lugar o 9 de marzo ás 12:00h no Centro Social do Mar.

 

 

Distribuir contido