Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Decembro 03, 2015 »
Xov

Nestes días de novembro temos no instituto un bo feixe de xogos tradicionais. Trátase dun préstamo que nos fai a asociación de xogos tradicionais de Bueu. Mirade que ben o pasan os nosos alumnos do Illa de Ons:

Start: 03/12/2015 09:00
End: 03/12/2015 14:25

 

En Pontevedra con Castelao

 

O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis

deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente

trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación

ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa

obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o

Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando

todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.

 

 

 

 

Start: 03/12/2015 20:08
End: 03/12/2015 20:08

Acaba de rematar o torneo de tenis de mesa. Coma sempre moito nivel e bastante participación. Algúns dos finalistas son xa vellos coñecidos deste torneo ó longo destes anos. Vese que levan o ping-pong no seu ADN. Aquí tendes ós finalistas diante do noso rocódromo en plena de pintado.

Distribuir contido