Skip to Content

CURSO 2011-2012

Samaín 2011

Foto con moitas fotos

Samaín 2011

SAMAIN 2011

Este ano tamén celebramos o Samaín, organizado (e moi ben organizado) pol@s alumn@s de 4º. Aquí tedes unha foto e un vídeo para que vexades o guap@s que estabades to@s.

Xa sei que a foto está moi pequeniña, pero podédela ver mellor se ides á "galería de imaxes" Guiño

 


Plan de Voluntariado Alcoa

O próximo VENRES 4 de NOVEMBRO ás 16 horas un grupo de voluntarios da empresa ALCOA en colaboración con alumnado e profesorado do IES "ILLA DE SARÓN" levarán a cabo a actividade: "Traballos na praia: limpeza, estudio e toma de mostras " dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.  

A actividade consistirá prioritariamente en realizar unha labor de limpeza da Praia de Lago e aproveitando a estancia na zona realizar un estudio do ecosistema, identificando a flora e a fauna característica dunha zona de dunas. O alumnado fotografiará os animais e plantas atopadas nesta zona costeira.

Para levar a cabo dita actividade formáronse os equipos seguintes:

·     Limpeza da praia e identificación de algas

·     Limpeza da praia e identificación de crustáceos e equinodermos.

·     Limpeza da praia e identificación de plantas.

·     Limpeza da praia e análise químico da auga de mar.

·     Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.

Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres,pais/nais, alumnado e profesorado do Centro.

Para coñecer os participantes e os distintos equipos prema no arquivo adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut