Skip to Content

Bolsas MEFP para estudos postobrigatorios 2022/2023

O Ministerio de Educación y Formación Profesional publica  a Resolución do 10 de marzo do 2022, pola que se convocan as bolsas para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, como FP e bacharelato.

Este ano adiántase o prazo de solicitude, que vai do 30 de marzo ata o 12 de maio. Grazas a este adianto podes saber se cumpres os requisitos económicos e de cantos cartos dispós antes de matricularte nos estudos que che interesen.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non teñas a certeza de se vas estudar ou non. Terás que poñer os estudos máis probables e hacia setembro poderás cambialos.

Toda a información está dispoñible neste portal:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html



page | by Dr. Radut