Dentro do Plan Proxecta 2019-2020, Por 365 días de respecto e igualdade seguimos traballando para deter e erradicar calquera trazo de violencia fundamentalmente nas relacións de parella entre os adolescentes que en moitos casos non son vistos como tales. Por iso despois de visitarmos a exposición Cartas de Amor, estivemos traballando co alumnado da ESO realizando determinadas tarefas a partir dos extraordinarios cadros que compoñen a exposición.
Ademais o alumnado de reforzo expúxolle ao resto de compañeiras/-os que lle transmitían eses cadros.
A experiencia foi moi enriquecedora porque apareceron reflexións moi interesantes entre os/as adolescentes.
Achegámosvos fotos da explicación dos paneis por parte do alumnado de reforzo.