O alumnado de ESO do IES Illa de Sarón asistiu o luns día 1 de outubro, no Salon de actos do Concello de Xove, ao espectáculo de divulgación científica: A ciencia de Harry Potter
Esta actividade pertence ó programa Ler conta moito 2018 para a dinamización da lectura nas Bibliotecas Públicas. A través de experimentos analiza dese a óptica da ciencia a viabilidade no mundo real do universo literario de Harry Potter.