Gracias ó Programa Ler Conta moito 2017 para a dinamización á lectura nas Bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o concello de Xove invita ó alumnado do IES Illa de Saron á asistir o próximo día 22 de maio ó espectáculo MAXIA LAB no Salón de Actos do Concello.
Trátase dun espectáculo interactivo de divulgación científica. Consiste nun percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía, desde o Big Bang ós buratos negros etc.. Unha mestura dun show de ciencia con maxia e interactividade co público, da man de José Ricardo Paredes Pampín, o mago Richard.