Skip to Content

VISITA Á EXPOSICIÓN FAUNA ALADA

No mes de setembro os alumnos do Centro acudiron á  exposición itinerante "Fauna alada de Galicia" no Concello de Xove. Con esta exposición, promovida por Caixa Galicia,  foméntase o coñecemento e interese pola fauna silvestre galega a través dun percorrido por 30 fotografías nas que se presentan aves, insectos e morcegos que habitan na nosa Comunidade. O obxectivo principal é  facer reflexionar aos participantes acerca da necesidade de coñecer e preservar os animais do noso medio e os medios naturais onde habitan. 



page | by Dr. Radut