Terminado o plazo de solicitude, xa podedes consultar <<aquí>> a lista provisional de profesorado admitido e excluido.
Prazo de reclamacións: 5 días naturais
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES:
ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O alumnado de FP Básica fixo entrega de 100 carteis polo pequeno comercio do Barrio de Teis, implicándose así coa súa veciñanza en dar a coñecer esta importante campaña de dinamización lingüística promovida polo IES Rafael Dieste (A Coruña) á que se sumaron 180 centros por todo o país.
A semana pasada celebramos o día da Paz cos nosos veciños da Escola Infantil Monte da Guía.
O alumnado de FP Básica e de 4º da ESO acudiu ao centro para realizar unhas sesións de contacontos moi especiais, levamos o noso teatro da Paz e representamos con monicreques diversos contos para as distintas aulas da escola.
O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu ao museo Liste para visitar a exposición de máscaras do noso Entroido tardicional e realizar un obradoiro sobre o Vergalleiro de Sarreaux.
Xa podedes consultar a listaxe definitiva de alumnado de ciclos superiores seleccionado para realizar as mobilidades Erasmus+ co programa KA131 do instituto.
Parabéns!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer