IES A GUIA súmase a campaña "Aquí tamén se fala galego"

O alumnado de FP Básica fixo entrega de 100 carteis polo pequeno comercio do Barrio de Teis, implicándose así coa súa veciñanza en dar a coñecer esta importante campaña de dinamización lingüística promovida polo IES Rafael Dieste (A Coruña) á que se sumaron 180 centros por todo o país.

Esta iniciativa pretende rachar coa imaxe de que nos nosos barrios non se usa a nosa lingua. O alumnado  entregou en cada establecemento comercial o cartel da campaña e tirou unha foto do mesmo que se publicará por redes sociais.

Aquí tamén se fala galego

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer