Benvidos á web do IES A Guía

Lista definitiva admitidos - 2ºconvocatoria profesorado Erasmus+ ciclos superiores

Xa podedes consultar a lista definitiva de profesorado admitido da 2º convocatoria de mobilidades Erasmus+ desde ano para o profesorado de ciclos superiores.

 

ENTREGOUSE O GALARDÓN VIGUÉS DISTINGUIDO 2024 AO INSTITUTO DA GUÍA

O IES A Guía  recibiu onte, martes día 26, o galardón Vigués dintinguido 2024.

CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE CICLOS

O venres 22 de marzo celebrouse o Auditorio do Centro Cívico de Teis a cerimonia de graduación do alumnado de Actividades físicas, Serzizos comerciais, Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais; Comercio Internacional e Márketing e Publicidade.

Parabéns!

VISITA A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO


O pasado día 6 o alumnado de FPB visitou a Escola Galega de Consumo. Recibimos dúas charlas moi interesantes sobre dereitos dos consumidores e etiquetaxe de produtos. Ademáis visitamos o supermercado co que contan as instalacións do Instituto Galego de Consumo.

Escola galega de consumo

EXCURSIÓN DOS GRUPOS E CLUBES DO CENTRO

O día 22 de marzo saíron a visitar o museo Quiñones de León e o Parque de Castrelos un grupo de alumnado que participa no club de lectura xuvenil, manga, grupo de igualdade e voluntariado de biblioteca.

Queremos agradecer ao noso alumando a súa axuda e participación nos proxectos culturais que se levan a cabo.

voluntariado

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer