ERASMUS

Actividades de mobilidade de alumnado e profesorado vinculado coa Educación Superior matriculados ou impartindo docencia en Ciclos Formativos de Grao Superior. Outras actividades internacionais relacionadas coa educación entre centros de secundaria de distintos países tanto comunitarios como non comunitarios.

Listaxe provisional alumnado admitido Erasmus + ciclos superiores

Xa podedes consultar a listaxe de alumnado admitido na convocatoria Erasmus+ para ciclos superiores, así como a listaxe de excluidos coas súas causas de exclusión. 

<<consultar listaxe aquí>>

Tedes 10 días naturais para presentar a documentación que vos falte.

Que ninguén se despiste!

Convocatoria Erasmus+ ciclos superiores

Publícase a CONVOCATORIA para mobilidades Erasmus+ para todo o alumnado de segundo curso de ciclos superiores do instituto.

A partir do día seguinte á publicación pódense xa presentar as candidaturas.

Boa sorte!

Formulario de inscrición

Charla informativa Erasmus+

Este mércores contaremos con Daniel Pego, alumno do ciclo superior de comercio internacional que estivo de Erasmus+ este ano en Portugal e que nos vai contar a súa experiencia.

É o momento para informarse das posibilidades que ofrece o programa Erasmus+ e de resolver dúbidas.

Vémonos o mércores 15 no salón de actos do instituto, de 12h a 13:40h.

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer