Bo día,
Para os que tedes dúbidas con respecto a canto cobrariades no caso de irdes de Erasmus+ en ciclos superiores, déixovos esta infografía para que poidades estimar facilmente canto vos tocaría cobrar.
Á volta do Entroido teremos a agardada charla informativa Erasmus+ para o alumnado de 1º de tódolos ciclos superiores da familia de comercio.
Contaremos coa presenza do noso compañeiro Luis, que acaba de voltar do seu Erasmus+ en Francia.
Este xoves temos unha charla informativa sobre o programa ERASMUS+ para o alumnado de primeiro de Acondicionamento Físico, tanto o grupo A como o B. Será ás 12h no salón de actos.
Proximamente anunciaráse outra para o alumnado de 1º dos ciclos de comercio.
Rematado o prazo de reclamacións e resolta a única reclamación interposta, publícase a listaxe definitiva de alumnado seleccionado para a realización de mobilidades ERASMUS+ así como a listaxe de agarda.
Podedes consultalas aquí
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer