O NOME (Substantivo e adxectivo)

Gramática

O substantivo:

Sintacticamente é núcleo da frase nominal: un home libre, a nena da veciña.

Semanticamente clasificámolos consonte o que designen:

Propios:

  • antropónimos: Helena, Fiúza, O Corniños;
  • topónimos: A Creba, Xalfas, Savila, Taxes, Vadernado.

Comúns:

  • concretos (area, chalana) / abstractos (solidariedade, amor);
  • continuos, non contables (chuvia, aire) / discontinuos, contables (libro, galo);
  • colectivos (piñeiral, peixe) / individuais (piñeiro, xarda).

O adxectivo:

Pode ser núcleo da frase adxectiva e admitir modificación adverbial.

Semanticamente expresa calidades ou características do substantivo e distinguimos:

  • especificativos (particularizan unha cualidade): polbo curado, praza asoportalada;
  • explicativos ou epítetos (expresan unha cualidade inherente ao substantivo): neve fría.