Skip to Content

  • ENTREGA DE NOTAS

O día de entrega de notas é o luns día 27 de xuño ás 11.00  horas (non haberá trasporte escolar).

O alumnado que teña libros do centro  deberá devolvelos antes da entrega de notas.

O alumnado  que non continue no centro no curso 22-23 deberá devolver o ordenador Edixgal, nos prazos establecidos.

Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2022-23.

  • PRAZO DE RECLAMACIÓNS  28 e 29 de Xuño. 

 

  • MATRÍCULA PARA O CURSO 22-23.

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2022-23 comeza o día 27 de xuño. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00  a 13.00 horas:

-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o 28 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 29 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 30 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o día 1  xullo.

 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.

Documentación a entregar   

Impresos: 1º ESO  2º ESO  3º ESO 4º ESO

 

 

 

 

 

 


O mércores o alumnado integrante dos dous clubs visitou en Santiago o Museo de Historia Natural e librerías especializadas en cómic e literatura infantil e xuvenil. Un merecido agasallo!!

Ver imaxes


O luns pasado o Club de Ciencia e o Club de lectura gozaron dunha comida conxunta para celebrar o remate das súas reunións neste curso tan repleto de lecturas e actividades. Despois de xantar, participaron nun obradoiro de Ciencia divertida no laboratorio. Un bo xeito de rematar a temporada!

Ver imaxes


O alumnado de 1º e 2º ESO gozou dunha excursión a Allariz enmarcada no Proxecto Terra, no que participa o noso centro. Visitaron Sta. Mariña de Augas Santas, achegándose ao Forno da Santa e ao Castro de Armeá; realizaron diversas actividades no Centro de Educación Ambiental do Rexo, e coñeceron o centro histórico de Allariz, o Museo do Coiro, o Museo da Moda e o Museo do Xoguete, exemplos de actuacións significativas de recuperación do patrimonio etnográfico da vila. Foron dous días ben intensos!

Ver imaxes


 No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O IES Fin do  Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 22 de xuño de 2022 (incluído)

Presentación:

-Forma presencial  no centro  educativo  cos impresos ( anexo I;e II) que entregaremos ao alumnado en papel .

-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 Documentos:enlace a orde  e impresos de solicitude Anexo I e II

 


O noso centro foi un dos dezaoito seleccionados para participar onte na 1ª Liga Maker Drone Galicia, organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico e Galicia (ITG). O reto ao que se enfrontaron foi deseñar e programar un dron  capaz de recoller auga, transportala e acceder, desde o exterior, á planta dun edificio no que había un incendio simulado para contribuír á súa extinción no menor tempo posible. Parabéns ao noso equipo polo seu traballo!

Ver imaxes


O venres tivo lugar na nosa pequena carballeira o acto de inauguración da celebración das Letras Galegas. A carón dun maio, evocando o Valdeorras natal de Florencio Delgado Gurriarán, tres alumnas e un alumno recitaron algúns dos seus poemas. Durante a última sesión da mañá os seus versos seguiron soando nun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.

O alumnado continuará realizando actividades centradas na figura do poeta homenaxeado ao longo de todo o mes de maio.

Ver imaxes

Ver díptico



by Dr. Radut