Skip to Content

Durante o recreo do luns inaugurouse o mural que dá visibilidade aos haikus pola paz realizados durante a semana pasada polo alumnado do centro en galego, castelán, francés e inglés, mentres parte do alumnado de 2º ESO interpretaba coa flauta Imagine, de John Lennon. O espazo ocupado polo mural serviu como photocall para que os diferentes grupos posasen.

Ver imaxes


Hoxe o alumnado de 4º ESO remataba a súa estancia no Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo, despois de gozar dunha semana de inmersión lingüística en inglés con actividades dixitais, xogos, veladas... e facer novos amigos e amigas doutros centros de Galicia.


O noso centro participou onte no acto organizado polo Concello de Fisterra para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Alumnado de 1º ESO leu un manifesto e fragmentos de varios libros relacionados con este tema; proxectouse un vídeo no que Carla interpretou La puerta violeta de Rozalén, acompañada de Iván á guitarra; e rendemos homenaxe ás mulleres asasinadas durante este ano, colocando estrelas co nome de cada unha delas.

Ver vídeo

Ver imaxes


Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia, dentro do programa Coñece as túas institucións. Tivo acceso a diferentes dependencias, como o Salón dos Reis, o hemiciclo ou as salas onde sucede a actividade institucional diaria, e coñeceu de primeira man o funcionamento do Parlamento e a Xunta.

Ver imaxes


Continuamos coas actividades relacionadas co 25-N. Nesta ocasión a violinista Nuria Naya e a saxofonista Fátima Martínez analizaron o papel da muller no mundo da música ao longo da historia, interpretando diferentes pezas musicais. Ademais, durante esta semana poderemos ver a exposición Sen elas non hai música galega no primeiro andar.


Comezamos as actividades para conmemorar o 25-N coa presentación do libro Ocho señales. Cuestión de vida o muerte, de Noelia Míguez. A autora tivo un emotivo encontro co alumnado de 3º e 4º ESO no que falou dos diferentes tipos de violencia de xénero e da súa propia experiencia como vítima.


Chegou o Samaín!! Neste curso de volta á normalidade, recuperamos a Noite de medo no instituto con obradoiros de maquillaxe e de decoración de cabazas, un Cluedo elaborado por alumnado de 4º ESO e, por suposto, películas de terror.

Ver imaxes

Ver vídeo-presentación do Cluedo



by Dr. Radut