Skip to Content

Hoxe o noso centro participou no acto organizado polo Concello de Fisterra para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha representación de todos os cursos, acompañada por dous alumnos do CEIP Mar de Fóra, realizou unha lectura colectiva do libro As mulleres que cultivaban néboas, de Bea Gregores, e rendemos homenaxe ás cincuenta e dúas mulleres asasinadas durante este ano cun minuto de silencio, portando máscaras brancas.

Neste acto deuse a coñecer que o lema proposto polo noso centro foi o escollido entre os presentados polos centros educativos de Cee, Fisterra e Corcubión para esta campaña: "Vivir, non sobrevivir".


O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu o mércores na biblioteca a unha actividade escénica levada a cabo por actores de Os Náufragos Teatro, na que fixeron un percorrido pola estancia de Picasso na Coruña. Esta actividade foi unha introdución á visita teatralizada á cidade que realizaremos o vindeiro xoves 30.

Os Náufragos Teatro - VINTE 23


Esta semana tivo lugar na biblioteca un obradoiro dirixido ao alumnado de 3º e 4º ESO, enmarcado no programa educativo "Que non te líen, ti elixes", co que se pretende fomentar o rexeitamento de estereotipos de xénero e prexuízos con respecto ás profesións con pouca representación feminina.


O pasado 19 de outubro estabamos convidados a participar nunha cadea humana na praia da Ribeira. Non foi posible por mor do temporal pero, malia a chuvia e a vergoña, todo o alumnado e o profesorado uniuse á causa cunha cadea humana no interior do centro.

Ver vídeo


O alumnado de 3º e 4º ESO participou nunha xornada de retirada de plantas invasoras na praia de Langosteira, actividade esencial para preservar o noso ecosistema dunar. A actividade estivo organizada polo Concello de Fisterra e o director do obradoiro de emprego Camiño do Solpor V.


luns 11 de setembro  comezará o novo curso escolar en horario habitual (de 08:25 a 13:55 horas  e  de 16,20 a 18,00 horas), para todos os  grupos. 

Haberá servizo de transporte escolar.


Canles para comunicarse co Centro durante o mes de agosto:

  • a través da seguinte dirección de  correo: ies.findocamino@edu.xunta.es 
  • ou chamando ao teléfono:881 960 528


by Dr. Radut