Skip to Content

Chegou o Día do Libro, e que mellor xeito de celebralo que recomendando lecturas? Por iso esta semana estivemos posando coas nosas suxestións na biblioteca: narrativa, ciencia, manga, poesía, cómic... E o resultado é a seguinte montaxe. Esperamos que vos guste!

Ver montaxe


Hoxe o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu no IES Agra de Raíces a un encontro co profesor de Filosofía e escritor Xosé Ricardo Losada, autor da novela A casa xunto ao volcán, lida durante a primeira avaliación. Este foi o primeiro dos varios encontros que neste "mes do libro" terá o noso alumnado con autores e autoras.


O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO asistiu onte no Palacio da Ópera da Coruña ao concerto didáctico Flamenco, Classic, Swing y las ganas de vivir. Tamén visitou a Domus, onde gozou de diversas actividades interactivas.


Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller cun concerto, organizado polo Concello, do grupo The Tetas' Van, que interpretou versións en galego de temas coñecidos, reivindicando a igualdade plena, a liberdade de expresión e a importancia do papel das mulleres na sociedade.

Ver imaxes


O mércores 23 celebramos o Día de Rosalía con varios obradoiros: un obradoiro de rap coa Vella Escola para o alumnado de 1º ESO, un de dramatización con Marta Lado para o alumnado de 3º ESO e un de poesía con Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado) para 2º e 4º ESO. Ademais houbo agasallos para todo o mundo: un poema de Rosalía e chapas deseñadas e elaboradas polo alumnado de 4º na materia de Plástica.

Ver imaxes


Este venres durante o recreo gardamos un minuto de silencio, portando unha pancarta na que se incluían uns versos de Bernardino Graña, para amosar a nosa solidariedade coas familias dos mariñeiros e tripulantes vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo. Como integrantes dun centro localizado nunha vila mariñeira, compartimos dun xeito especial a súa dor.

Ver imaxes


Onte o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO realizou unha excursión á Coruña, na que visitou a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae.



by Dr. Radut