Skip to Content

A semana pasada as integrantes do Club de Lectura fumos á Coruña (xunto cos nosos compañeiros de cuarto) a "devolverlle" a visita que nos realizaran con anterioridade o club de lectura co que estamos hermanados do IES Monte das Moas. As imaxes correspóndense á visita ao noso centro.

 


Para que vexades que nos preocupamos por vós e por se acaso non sabedes moi ben en que ocupar todo o tempo vacacional, dende a biblioteca facémosvos algunhas suxestións.


Hoxe é 25 de Novembro, o día internacional da loita contra a violencia de xénero (ogallá non fixeran falla estos días). Dende a biblioteca facémosvos unha serie de recomendacións de lectura. Están, como de costume, no expositor da entrada do instituto. Nel podedes atopar libros que tratan directamente o tema: " A cabeza de Medusa, Unha présa de terra...", guías didácticas para reflexionar: "Aprendendo a previr a violencia de xénero, Fíos Violeta..." ou comics que reflicten a situación da muller no mundo: "Aya de Youpougón, Viva la vida, Andando...." Podédelos coller na biblioteca a partir da semana que vén.

Alguns videos sobre este tema podémolos atopar na páxina do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.


Tamén podes descargar o documento no seguinte enlace


Tamén pode descargar o procedemento nos ficheiros adxuntos



by Dr. Radut