Skip to Content

 

Aquí está o "lip dub" do IES Fin do Camiño, realizado en xuño de 2013 coa colaboración de toda a comunidade educativa, sendo unha iniciativa do equipo de normalización lingüística do centro.


Os días 23 e 24 de maio tivo lugar o I Encontro de centros para unha convivencia positiva, organizado polo IES Fin do Camiño e o IES Xulián Magariños de Negreira. Reuniu a 20 centros educativos con 70 alumnos/as mediadores e 50 profesores/as, co obxecto de compartir experiencias e formación sobre a mellora da convivencia escolar. Foi todo un éxito!

Se queres ver fotografías, vídeos, comentarios e recortes de prensa, faite amigo do facebook do encontro: Encontro Convivencia Fisterra-Negreira

https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra?ref=tn_tnmn

 


Sabemos xa  a quen está adicado este ano o día das letras galegas? Por se alguén hai despistado... deixamos un pouco de información.


Es fin de semana acudimos ás IV Xuntanzas do alumnado mediador, na cidade de Lugo para compartir experiencias con outros centros educativos, dentro do programa "Vivir Xuntos, Convivir". Toda unha experiencia de convivencia!

Pincha no seguinte enlace para ver as fotos do encontro  ENLACE


Hola. Aquí tedes o díptico do I Encontro de Centros para unha convivencia positiva, organizado polo IES Fin do Camiño de Fisterra e o IES Xulián Magariños de Negreira, que se desenvoverá os días 23 e 24 de Maio en Negreira, coa participación de 70 alumnos e 45 profesores de 18 centros educativos. Estes son os obxectivos estratéxicos:

1. Crear unha rede de apoio entre centros escolares para o intercambio de experiencias entre o alumnado e o profesorado, a elaboración e o desenvolvemento de proxectos educativos integrais de cultura de paz.
2. Implantar, nos centros participantes, ferramentas organizativas para a xestión pacífica dos conflitos e para a construción dunha convivencia escolar positiva que ofreza maior protagonismo ao alumnado.
3. Formar, asesorar e divulgar materiais necesarios, dende unha perspectiva de traballo entre iguais, aos centros que desexen establecer novas estratexias de xestión dos conflitos.


Como as actividades que se organizan non sempre dependen só de nos, ás veces, pasan estas cousas.... Que se nos amorean!!



by Dr. Radut