Skip to Content

Tal e como estaba previsto, terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais deste curso escolar. Logo de tratar o tema da sexualidade, nesta segunda reunión falaremos da preocupación pola imaxe corporal dos nosos fillos e fillas e de cómo afrontalo na familia. Como sabe, este é un tema moi relacionado cos trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, etc.) e coa autoestima. Contaremos coa visita de Paula Rico, sexóloga do Centro Quérote + de Santiago de Compostela.
    A reunión realizarase o próximo martes, día 10 de decembro, ás 18:00 da tarde na biblioteca do IES Fin do  Camiño. A duración prevista para a sesión é de 1 hora e media aproximadamente.
    Agardamos contar con todos e todas.


Este é o lema do cartel editado este ano pola consellería. Como Biblioteca escolar unímonos ao proxecto e editamos un díptico informativo con algún dos títulos relacionados con este tema. Se queremos coñecer máis non temos máis que acercarnos á biblioteca e preguntar.


Xa estamos de volta un ano máis e comezamos co club de lectura. En principio somos 22 entre alumnado e profesorado apuntado pero... podemos ser máis incluso (se vos interesa participar preguntádelle a Aurora, a calquera das dúas Cristinas ou a Ana). Reunirémonos cada 15 días ao mediodía (o próximo dia de reunión será o 21 de Outubro) e comezamos as nosas lecturas con "Cuando Hitler robó el conejo rosa" de Judith Kerr. Buscando un nome que nos identificara e para que quede claro que sabemos o que é un préstamo lingüistico (adaptado foneticamente e introducido no argot adolescente) puxémoslle ao club "GHUAIDELAI"; porque ler... "mola"!!


Aquí vai a segunda entrega... Neste caso todas as actividades mostradas teñen algo de "acuáticas". Prometemos en breve a terceira!


Por se acaso perdéstedes a revista do centro sen querer e desexades botarlle de novo un vistazo... ou por se alguén da vosa familia quere vela e se atopa lonxe... Para todos, colgamos AQUÍ a revista. A nosa idea era "incrustala" para que se vira directamente como outras veces... pero problemas técnicos impídenos facer isto; así que premede alí onde pon aquí! Sorriso Que lío!


Como todos os anos celebramos o "día da mar oceánica". Á espera da montaxe fotográfica correspondente (se as cuestións téncicas nos deixan) deixámosvos algunhas LECTURAS para que vos entreteñades.



by Dr. Radut