Skip to Content

Publicación de notas de xuño

·         Publicación de notas en Abalar o martes 23 ás 10:00h.

           Datas de reclamacións: xoves 25 e venres 26 de 10.30 a 13.00 horas.

 

Entrega de libros do Fondo de libros no centro educativo: Horario: 10.30 a 13.00 horas.

A continuación establécense os días en que cada curso debe entregar os libros do fondo-libros repartidos a principio de curso así como as devolucións que quedaron pendentes da biblioteca.

Os libros das materias suspensas en xuño entregaranse en setembro.

·         Xoves  25 xuño: Entrega de libros de 1º da ESO. O alumnado con ordenadores Edixgal poden quedar con él en calidade de prestamo, xa que será o que use no vindeiro curso.

 

·         Venres 26 de xuño: entrega de libros de 2º da ESO. 

 

·         Luns 29 de xuño: entrega de libros de 3º da ESO

 

·         Martes 30 de xuño: entrega de libros de 4º da ESO

Medidas de protección obrigatoria para acceder ao Centro:

  • Distanciamento social de 2 metros.
  • Mascarilla.
  • Os libros deberán entregarse nunha bolsa co nome do alumno/a

Aviso importante: O centro chamará a cada unha das familias  para recordar os libros que deben entregar e unha estimación da hora á que deben vir, co fin de evitar aglomeracións

Matricula para o curso  2020-2021

·        Para o alumnnado veña de 6º de Primaria e o alumnado do instituto que aprobe que  todo en xuño do 1 ao 10 de xullo

·        Para o alumnado con materias suspensas o período de matrícula é en setembro.

Aviso importante: O centro chamará a cada unha das familias  para concertar cita co fin de evitar aglomeracións

 

 


Está aberto prazo para participación no fondo solidario de libros de texto e  axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e Anexo II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no Centro en horario de 10:30 a 13:00. 

Aviso importante: dende  o luns 25 o centro chamará a cada unha das familias  para dar  cita para entregar as solicitudes  presencialmente, co fin de evitar aglomeracións.

Prazo para presentar solicitudes:

 O prazo para presentar as solicitudes empeza  o 19 de maio e  rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Documentación a presentar no centro:

  • Anexos I-II cubertos
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

Anexos:

Póndese descargar os anexos no seguinte enlace: Anexos I-II

Medidas de protección obrigatoria para acceder ao Centro:

  • Distanciamento social de 2 metros.
  • Mascarilla.
  • Bolígrafo propio.

 


 

 

LUNS (18)

MARTES (19)

MÉRCORES (20)

XOVES (21)

VENRES (22)

16:00-17:30

L.GALEGA

 

L. CASTELÁ

 

L. INGLESA

XEOGRAFÍA E Hª

BIOLOXÍA

17:30-19:00

TECNOLOXÍA

 

MÚSICA

 

EPVeA

MATEMÁTICAS

 

 

 Lémbrase a todo o alumnado que terá que facer as probas según o acordado co profesorado correspondente.


En cumprimento da Resolución do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, as adaptacións das programacións didácticas nas materias elaboradas polos diferentes departamentos didácticos do IES Fin do Camiño, pódense consultar nos seguintes links facendo clic sobre eles:

 

Departamentos didácticos

Bioloxía

--

Educación Emocional

Educación Física

EPVeA

Física e Química

--

Francés

 

Galego

Castelán

Inglés

Matemáticas

Música

Tecnoloxía

---TICS

Relixión

---

Xeografía e Historia

Valores éticos-Xadrez

 

 


Aviso importante para o alumnado do IES Fin do Camiño e o de 6º do CEIP Mar de Fóra e CEIP Areouta

O alumnado do noso centro e o que se incorpora en 1º da ESO no curso 2020-2021 dos CEIP de Fisterra non ten que facer este procedemento, xa que ten a reserva de praza tramitada automaticamente.

Este alumnado só terá que formalizar a matrícula en xullo unha vez rematado o curso. Se informará das datas. Ata ese momento non ten que facer ningún outro trámite de reserva de praza.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión do 11 ao 18 de maio para alumnado de novo ingreso no centro

As solicitudes de reserva e admisión de alumnado de novo ingreso que non proceda dos centros citados no apartado anterior realizaranse mediante o formulario de admisión, o cal se pode cubrir directamente na aplicación informática AdmisionAlumnado ou ser descargado e cuberto de forma manual polas familias e entregado no centro educativo.

Forma de contacto co centro

O procedemento para presentar a solicitude de admisión será a través do teléfono 881 960 528 ou o correo electrónico do centro. Nesa comunicación concretarase día e hora para tramitar a solicitude de forma presencial no centro educativo.

Documentación a presentar no centro educativo

  • Formulario de solicitude, formulario ED550B.
  • DNI ou páxina do libro de familia do alumno ou alumna.
  • Certificación oficial de matrícula do curso actual emitido polo XADE.

Aínda que este ano as circunstancias fan que sexa un Día do Libro atípico, no IES Fin do Camiño non imos deixar de celebralo. Para iso contamos coa colaboración do alumnado e profesorado que dende as súas casas foron enviando fotos estas últimas semanas, demostrando que aínda na distancia podemos facer moito xuntos. Moitísimas grazas a todos e todas!! Ánimo e coidádevos!!

Deixámosvos un enlace á montaxe realizada.

Día do libro 2020


Preme aquí para acceder ás instruccións para descargar Abalar Móbil, unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida, e acceder a:

  • Datos personais
  • Faltas de asistencia
  • Cualificacións
  • ...

É necesario descargar a aplicación para poder acceder nas circunstancias actuais ás cualificacións do alumnado.

Un saúdo,

a dirección.



by Dr. Radut