Skip to Content

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro dende 1997 por iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar da importancia da lectura e como homenaxe ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu lado" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia, resaltando, tamén, o gran labor que desempeñan as bibliotecas situadas no mundo rural.

Por iso, nós neste día queremos render unha homenaxe á Casa do Arco, a Biblioteca Municipal de Fisterra, onde fomos tan ben recibidos por Teresa e Darío na visita realizada co alumnado de 1ºESO o ano pasado. Grazas!

Ver vídeo


Xa está dispoñible a primeira versión do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 do IES Fin do Camiño.


Con vontade de servizo público iniciamos o espazo Novidades COVID-19 da nosa web, no que se publicarán as novidades sobre a pandemia que atinxan ao noso centro. Para mellorar a súa difusión serán publicadas simultáneamente na páxina principal pero será nese espazo, Novidades COVID-19, onde permanecerán debidamente agrupadas e ordeadas.

Pódese acceder a Novidades COVID-19 tanto desde o botón localizado na cabeceira de tódalas páxinas da nosa web como mediante o elemento gráfico presente só na páxina principal arriba á dereita.


Dende dirección infórmase  que  esta semana dará comenzo o curso escolar nos días e horas seguintes:

  • 1º ESO e 2º ESO: mércores 23 de setembro de 2020 en horario de 8.30 a 14.00 horas
  • 3º ESO: xoves 24 de setembro de 2020 en horario de 8.30 a 14.00 horas
  • 4º ESO: venres 25 de setembro de 2020 en horario de 8.30 a 14.00 horas

Durante todo  o curso  escolar o centro  educativo abrirá  as súas portas coa chegada dos autobuses ás 8.20 horas en horario de mañá e as 16.10 horas en horario  de tarde os luns.  Primeiro accederá ao centro os ususarios/as do transporte e a continuación, as 8.30 horas o resto  do alumnado.

É importante co  alumnado  non acuda con moita antelación ao centro para evitar aglomeracións á entrada, xa que o portal principal  permaneza pechado ata a hora indicada.

Non haberá servizo de cafetería ata novo aviso.

 

 

 


No documento adxunto pódese consultar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso escolar.

Aviso:

  • 1º e 2º da ESO está en Edixgal polo que só teñen que mercar o libro de exercicios de francés.
  • 3º e 4º: Non mercar ningún libro ata que se faga  o reparto de fondo de libros e se fale co profesorado de cada materia.

Día 1 e 2 de setembro:

Exames segundo calendario colgado na páxina.

Día 3 de setembro:

Publicación de notas en Abalar ás 18:00 h

Día 4 de setembro:

  • 1º día de reclamacións ás cualificacións en horario de 10:00 h  a 13:00 h
  • Matrícula de alumnado de 3º da ESO e entrega de libros do Fondo en horario de 10:00 h a 12:00 h
  • Matrícula do alumnado de 2º da ESO e entrega de  libros do Fondo en horario de 12:00 h a 14:00 h

Día 7 de setembro:

  • 2º día de reclamacións en horario de 10:00 h a 13:00 h
  • Matrícula de alumnado de 1º da ESO e entrega de libros do Fondo en horario de 10:00 h a 13:00 h

Impresos de matrícula:

No arquivo adxunto pódese descagar os impresos de matrícula para entregar no centro.

Impreso matrícula 1º ESO

Impreso matrícula 2º ESO

Impreso matrícula 3º ESO

Impreso matrícula 4º ESO

 

 


Tedes no arquivo adxunto o calendario dos exames de setembro.



by Dr. Radut